Ourense: a zona industrial do Veinteún contará cun plan estratéxico

Baltar_barrio Vinteún OurenseO presidente do Inorde e da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, reuniuse hoxe con representantes dos empresarios da zona industrial do Vinteún –Polígono industrial das Coiñás- para analizar temas de dinamización económica desta zona industrial. Na xuntanza, o presidente do Inorde amosou a súa colaboración cos directivos empresarias para, por medio do Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico, participar na elaboración dun plan estratéxico para esta zona industrial, que favoreza a creación de emprego e o desenvolvemento empresarial deste polígono, o único existente no termo municipal da capital ourensá.

Os representantes empresariais expuxéronlle a Manuel Baltar a necesidade que teñen de apoio por parte das administracións para darlle un pulo ao crecemento empresarial deste polígono, fronte ao cal, o presidente do Inorde avogou por contar cunha estratexia planificada que sirva como guía para o desenvolvemento empresarial das Coiñás e para coñecer as deficiencias, necesidades actuais e cara onde quere evolucionar esta contorna empresarial, planificación que, segundo Baltar, pasa por redactar un plan estratéxico que defina ese camiño a seguir.

Asemade, o presidente do Inorde comentou cos representantes empresariais das Coiñás o traballo que está a levar a cabo o Inorde no ámbito da internacionalización de empresas, o desenvolvemento económico e a xeración de emprego. Neste senso, Baltar explicou que o proxecto de Internacionalización de empresas que puxo en marcha a Deputación de Ourense a través do Inorde, é un elemento innovador para apoiar actuacións en materia de promoción da internacionalización das empresas e supón “un pulo importante para que emprendedores e empresarios ourensáns poidan explorar novos mercados, nuns momentos críticos pero nos que tamén hai que saber aproveitar as oportunidades”.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar