Paula Prado lamenta las críticas de la oposición cuando mantuvieron el impuesto durante el bipartito

Paula Prado_PPdeG A voceira do PPdeG, Paula Prado, lamenta a incongruencia do PSOE galego e do BNG ao criticar o Imposto sobre Hidrocarburos cando eles mesmos non só o mantiveron durante a época do Goberno bipartito en Galicia, senón que nunca o baixaron.

Segundo explicou a dirixente popular, Galicia equiparou en 2014 o Imposto de Hidrocarburos coa maioría de comunidades, incluída Andalucía. Ademais, como apuntou a dirixente popular, en Galicia o sector do transporte profesional ten acceso á devolución -tributa 0,12 euros por litro-, mentres en Andalucía non se devolve nin un euro -pagan 0,48 euros por litro-.

Así mesmo, Prado recalcou que Galicia mantén o tipo 0 en gasóleo agrícola e pesqueiro, é dicir, no ámbito do sector primario, mentres que Andalucía si cobra este imposto a uns sectores especialmente sensibles.

En todo caso, trátase dun imposto que permite manter e fortalecer o gasto social, porque é un imposto que se dedica exclusivamente á sanidade e, por tanto, a mellorar unha prestación fundamental para os cidadáns. Grazas a este tipo de medidas, Galicia pode permitirse incrementar infraestruturas sanitarias, como sucederá cos ambulatorios de Nigrán e Galeras anunciados hoxe por Feijóo, mentres que outras comunidades se ven abocadas ao peche de hospitais e centros de saúde.

No relativo á postura do Tribunal de Xustiza da Unión Europea sobre o ‘céntimo sanitario’, Prado aludiu á modificación da estrutura do tributo desde principios de 2013, para incidir en que o informe cínguese ao imposto sobre vendas minoristas en determinados hidrocarburos, polo que non atañería ao réxime actual. Non obstante, sobre unha posible devolución dos recursos recadados antes de que se fixera dita modificación para axustarse á normativa europea tampouco terá impacto económico en Galicia posto que é competencia do Estado a interpretación e resposta ao pronunciamento europeo.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar