Nova alerta de temporal no litoral para mañá

Costa temporal

     Máis información en  www.112galicia.org

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia alerta dun temporal costeiro de nivel laranxa que afectará ao litoral de Lugo e ao oeste e noroeste da Coruña a partir das primeiras horas de mañá, venres.

Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), esperase mar combinada do noroeste, con ondas de entre 5 e 6 metro, podendo chegar aos 7 metros mar adentro no litoral lucense e ocasionalmente na zona de Prior-Bares. Pola súa parte, as costas da Provincia de Pontevedra e a zona suroeste da de Coruña estarán en alerta amarela desde as primeiras horas do día.

Por este motivo, e co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, informou da situación aos concellos das provincias afectadas; ás Deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos, entre outros. Deste xeito, agárdase que se adopten as medidas oportunas para garantir a seguridade dos bens e das persoas.

Tamén recórdaselle á poboación a importancia de seguir as medidas de protección como evitar aproximarse a diques ou rompentes co fin de previr un eventual golpe de mar que poida arrastrar persoas ou obxectos ou vixiar posibles caídas de obxectos desde balcóns e fiestras. Ademais, aconséllase consultar a páxina web do CAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar