A FEMP e Ecoembes asinan un acordo de formación na Deputación de Pontevedra

O secretario xeral da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), Angel Fernández Díaz, e o director xeral de Ecoembes, Oscar Martín Riva, asinaron hoxe na Deputación de Pontevedra un convenio que concreta as actuacións que ambas entidades levarán a cabo no ano 2014 e que renova o acordo marco de colaboración que manteñen dende 2012.

FEMP e Ecoembes3

Na sinatura do convenio, o presidente da Deputación de Pontevedra e presidente da comisión de Medio Ambiente da FEMP, Rafael Louzán, destacou que a cooperación entre a FEMP e Ecoembes permitiu que, dende os seus inicios en 1998 ata hoxe a reciclaxe de envases pasase de menos do 5% a máis do 70% en toda España.

Louzán subliñou que a sinatura deste acordo e as Xornadas sobre o Presente e futuro da xestión de residuos municipais ante o novo marco lexislativo que hoxe se celebran na Deputación de Pontevedra, suporán “un antes e un despois” na posta en marcha de fórmulas de colaboración entre concellos para a xestión eficiente e eficaz de residuos. Lembrou que a Deputación pontevedresa xa ten en marcha un consorcio provincial para este asunto que conta con 20 concellos adheridos.

FEMP e Ecoembes2O director de Ecoembes destacou, pola súa banda, que España conta cunha taxa do 70,3% de reciclado de envases, unha cifra que a sitúa por riba da media comunitaria e a coloca entre os dez países de Europa con máis reciclado.

O acordo asinado hoxe entre FEMP e ECOEMBES corresponde á addenda anual que ambas as dúas entidades teñen o compromiso de asinar cada ano ao amparo do acuerdo marco de colaboración que manteñen desde 2012 e na que se inclúen as actuacións que ambas entidades van desenvolver conxuntamente en 2014.

Estas accións centraranse na posta en marcha de medidas de divulgación e difusión sobre a xestión dos residuos de envases; no fomento dunha xestión máis eficiente dos residuos por medio da orientación, apoio e asesoramento aos concellos; desenvolvendo manuais, documentación, estudos ou xornadas que permitan coñecer modelos e medidas que melloren e fagan máis eficaz a xestión dos residuos e implantando ferramentas que fagan máis doado aos ayuntamientos prestar este servizo.

FEMP e Ecoembes1Así mesmo, inclúense acción de formación de técnicos e responsables municipais e a elaboración dun estudo sobre a situación actual da xestión de residuos en España.

Finalmente, ambas entidades acordan seguir colaborando nun grupo de traballo impulsado por Ecoembes para o estudo da xeración e composición dos RSU en España.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar