Quintana asegura que o sector lácteo está máis protexido que o francés

Rosa Quintana_Parlamento_tribuna plenoA conselleira de Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, asegurou que o sector lácteo galego está «máis beneficiado» pola repartición de axudas da nova Política Agraria Común (PAC), para o período 2014-2020, que o francés, ao recibir o Estado español 94 millóns de euros mentres produce 6,5 millóns de toneladas de leite e o galo 120 millóns de euros para 26 millóns de toneladas de leite.

Fronte a esta aseveración, que Quintana realizou durante a súa comparecencia no pleno do Parlamento para dar conta dos resultados para Galicia da aplicación desta política europea, os voceiros da oposición criticaron a actuación da conselleira durante as negociacións en Madrid na sede do Ministerio de Agricultura e xunto ao resto de comunidades autónomas.

 

«Non defendeu os gandeiros galegos, foi defender o que dicía o señor Arias Cañete», resaltou dende as bancadas socialistas o seu voceiro de agricultura, Pablo García. Por parte de AGE, Antón Sánchez cualificou a actitude da Xunta de «aceptación previa da derrota» e «submisión», mentres a deputada do BNG Tereixa Paz censurou «ir a Madrid a non facer dano a Cañete e que a PAC siga sendo inxusta».

Pola súa banda, a popular Isabel García Pacín coincidiu coa titular de Medio Rural en defender que os profesionais galegos «saen gañando» coa distribución de fondos acordada.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar