«O PP é o partido das oportunidades», asegura Baltar na Convención de cargos do partido

Convención PP Ourense cargos menores 45 anos_Baltar_Floriano

O Centro Cultural Marcos Valcárcel acolleu esta mañá a III Convención de Cargos Menores de 45 anos do PP de Ourense, na que participou como convidado o vicesecretario de organización e electoral do Partido Popular, Carlos Floriano. A cita, que foi clausurada polo presidente provincial, Manuel Baltar, rematou cunha foto de familia nas escaleiras dos xardíns do Padre Feijóo.

 

Baltar_Convención cargos PP OUrense

Durante a súa intervención na clausura da III Convención de Cargos Menores de 45 anos do PPOU, o presidente provincial, Manuel Baltar, lembrou o intenso traballo orgánico que se está desenvolvendo no PP de Ourense, con 30 congresos locais celebrados ata o día de onte, e con actividade política constante. «O PP é o partido das oportunidades», sinalou, «e cremos nos xóvenes, así como na frescura dos plantexamentos. Estamos en tempos de gobernanza e cercanía. E precisamente a cercanía é a nota característica do Partido Popular de Ourense». Ademáis, o presidente provincial dos populares ourensáns manifestou ante o vicesecretario de organización e electoral, así como coordinador xeral da campaña do PP para as Europeas, Carlos Floriano, que «gañaremos as Eleccións Europeas. En Ourense, volveremos a ser a forza maioritaria, porque somos a referencia para a maioría dos veciños e veciñas desta provincia».

OBXECTIVO, SAÍR DA CRISE

Pola súa banda, Carlos Floriano tamén destacou a importancia das próximas Eleccións Europeas e lembrou que o PP «fue el único partido que tomó las decisiones necesarias para salir de la crisis, una crisis profunda a la que constribuyeron decisiones del PSOE que nos llevaron a una situación de quiebra y que trataron de ocultar. Nos encontramos con déficit en la Seguridad Social, con la pérdida de nuestro crédito internacional y parecía inevitable el colapso, que cayésemos al abismo. Pero hoy, gracias a las decisiones que tuvimos que tomar, el paro baja, las cuentas públicas están saneadas, la Seguridad Social está salvada y cada día contamos con una mayor credibilidad internacional. Somos más solventes, aunque ahora quienes callaron la crisis quieren negar que estamos saliendo de ella». Asimismo, Carlos Floriano proclamó a los asistentes que «somos un partido con alma, corazón y pensamos en la gente. Podéis estar orgullosos del único partido que defiende un gran proyecto nacional».

 

Convención cargos PP OUrense_4

Este acto, que estivo coordinado por Pablo Pérez Pérez, secretario de organización do PPOU, estivo presidido polo vicesecretario xeral do PP de Ourense, Jorge Pumar, quen foi dando paso aos diferentes ponentes: “Política e xuventude: desafíos do século XXI”, a cargo de Ana Belén Vázquez (deputada nacional); “A labor de oposición: construción dunha alternativa de goberno”, de César Fernández Gil (voceiro do PP no Concello de Ribadavia); “As raíces dos sectores estratéxicos de Ourense”, segundo Moisés Blanco Paradelo (parlamentario autonómico); “Europa, o investimento no común”, de José Antonio Armada (alcalde do PP do Concello de Bande); e “A P.O.R. E.L.L.O.: Importancia das redes sociais en política”, de Montserrat Lama (concelleira do PP no Concello de Xinzo de Limia).

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar