Parella detida por danar a vivenda que ocuparon sen pagar ano e medio

Estado da cociña da vivenda.
Estado da cociña da vivenda.

A Garda Civil de Negreira detivo a unha parella da localidade por destruír o piso no que vivían de aluguer antes de entregar as chaves ao seu propietario, a quen non aboaban a mensualidade dende había ano e medio.

Segundo informaron os axentes, os detidos, unha parella de 31 e 33 anos, vivían no inmoble dende agosto de 2010 e, tras ano e medio sen apagar o aluguer, o propietario solicitoulles que abandonasen a vivenda.

Non obstante, antes de deixala definitivamente para mudarse a outro piso na mesma localidade, os inquilinos causaron estragos na vivenda por valor de 12.000 euros.

Tras poñer a denuncia por parte da propietaria, os axentes da Garda Civil desprazáronse a inspeccionar o piso e, segundo a súa propia descrición, quedaron «impresionados» polo nivel de estragos ocasionado no interior.
AMEAZAS

Os axentes da Garda Civil detiveron na localidade lucense de Ribadeo a dous cidadáns de orixe marroquí, de 25 e 39 anos, como presuntos autores dun delito de ameazas.

Os feitos aconteceron en torno ás 21.30 horas do pasado día 16, cando os agora detidos supostamente abordaron unha terceira persoa poñéndolle unha arma branca á altura do colo e propinándolle varios golpes.

A raíz da investigación posta en marcha, os axentes localizaron os dous acusados, que foron postos a disposición do Xulgado de Instrución de Mondoñedo.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar