Manuel Baltar falará de novo o dia 3 no Fórum Nova Economía

Manuel Baltar_Fórum Nueva Economía_Hostal Santiago

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, será o relator do almorzo-coloquio que o Fórum Nueva Economía organizará en Santiago de Compostela o vindeiro uns 3 de marzo, cunha conferencia na que aborará o tema “Os gobernos provinciais do século XXI”, presentado por Pedro Puy, voceiro do Grupo Popular no Parlamento de Galicia.

Esta é a terceira ocasión na que Manuel Baltar é convidado a protagonizar esta tribuna de debate. As dúas anteriores foron en 2012 e 2010, unha delas sendo xa presidente da Deputación de Ourense e a outra como presidente do Partido Popular de Ourense e vicepresidente do Parlamento de Galicia. Na súa intervención de 2012, titulada “Novos tempos, novas deputacións”, foi presentado polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e nela Baltar defendeu o papel das deputacións e reclamou «unha triple reforma para que gañen en proximidade ao cidadán e sexan máis operativas», reformas que pasarían polo sistema de elección, polo ámbito competencial e polo financiamento.

Baltar salientou a constitucionalidade da provincia e do seu goberno e propuxo que este sexa elixido directamente polos cidadáns. “Hai que falar de política provincial, facer campaña electoral provincial, e con candidaturas para dirixir ese goberno encabezadas polo aspirante a presidilo. Só cumpriría poñer dúas urnas na mesa electoral: unha para elixir aos representantes no goberno local e outra para elixir ao goberno da provincia», dixo Manuel Baltar.

En 2010, Baltar reflexionou no seu relatorio sobre a presenza de independentes nas candidaturas electorais e apostou pola reforma do réxime de incompatibilidade que, na súa opinión, dificulta a entrada nas listas de persoas alleas á política, avogando porque debería haber un gran pacto entre partidos que permita atraer á política a persoas que non son “profesionais da política”, sen esixirlles afiliación. Baltar defendeu tamén o «localismo» fronte ás connotacións pexorativas coas que habitualmente se asocia a defensa do local, así como a política con «criterio propio», e subliñou a importancia das deputacións e destacou a contribución do PP de Ourense ao PPdeG.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar