Campaña de seguridade nas instalacións domésticas de gas

Angel Bernardo Tahoces

O director xeral de Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces, presentou esta mañá a nova campaña de seguridade nas instalacións de gas de uso doméstico en Galicia, unha iniciativa coa que a Consellería de Economía e Industria persegue sensibilizar e formar aos usuarios para o bo uso das instalacións que empregan gases combustibles. “A través desta actuación difundiranse unha serie de consellos básicos e sinxelos sobre o emprego do gas doméstico, concienciando aos usuarios da importancia dunha correcta utilización e mantemento dos equipos que repercutirá nunha maior eficiencia enerxética”, incidiu Bernardo Tahoces.

A campaña, na que colaboran Gas Galicia, Repsol, Sedigas e Fegafón, busca achegar aos cidadáns consellos prácticos ao tempo que lles lembra a necesidade de revisar as instalacións domésticas, que teñen que pasar varios controis con diferentes periodicidades en función das súas características.

Neste sentido, cada 5 anos, debe facerse unha inspección periódica dos equipos, sendo a empresa distribuidora a encargada no caso do gas canalizado, e debendo solicitala o usuario para depósitos de GLP. Así mesmo, o usuario debe encargar a unha compañía habilitada a revisión da súa caldeira cada 2 anos no caso de quentadores de auga quente e caldeiras murais a gas con potencia non superior a 70kW. Un mantemento que será anual no caso de que o potencia do equipo supere eses 70kW, e quinquenal para quentadores de auga quente sanitaria con potencia de ata 2,4 kW.

Estes controis, apuntou Bernardo Tahoces, teñen un dobre obxectivo: garantir a seguridade das persoas e preservar a eficiencia enerxética contribuíndo á diminución da factura. “O correcto mantemento dos equipos non só prolonga a súa vida útil senón que facilita o mellor aproveitamento enerxético”, sinalou.

Para acadar estas metas dando a coñecer os necesarios consellos de seguridade, distribuiranse preto de 130.000 trípticos e imáns informativos en concellos, oficinas de consumo e outras organizacións sociais. Os usuarios coñecerán así da necesidade de vixiar que a combustión sexa correcta, é dicir, que a chama estea estable e de cor azul; que non se atranquen os condutos de ventilación; ou que se peche a chave de paso do gas en ausencias prolongadas do fogar.

A campaña inclúe, ademais, consellos para evitar o fraude nas inspeccións periódicas, para o que é importante saber que a empresa distribuidora de gas debe avisar con anterioridade da próxima inspección, que o importe de dita inspecció

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar