33 mozos con síndrome de Down, distinguidos por un curso de formación en Santiago

Reyes Leis_cursiño formación síndrome de down

A concelleira de Economía, Reyes Leis, asistiu no Hostal dos Reis Católicos á entrega de certificados de asistencia aos participantes no programa de prácticas formativas do proxecto Emprego con Apoio, desenvolvido polo BBVA en colaboración con Down Galicia. Grazas a esta iniciativa pioneira en España, 33 mozos e mozas coa síndrome de Down adquiriron unha experiencia laboral que lles axudará no proceso de busca de emprego, ademais de mellorar as súas habilidades sociais para a súa integración en diferentes equipos de traballo.
Este programa desenvolveuse ao longo de 2013 en 23 oficinas galegas da entidade bancaria. Tiña como obxectivo promocionar a inclusión socio laboral de 33 membros de Down Galicia. Traballaron catro horas diarias en actividades administrativas, como o arquivo de contratos e documentación, a fotocopia de expedientes ou o tratamento de recibos.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar