Comparecen ante o xuíz as coidadoras e asasinas de Secundino Prego

Secundido Prego Amil, asasinado polas suas coidadoras.
Secundido Prego Amil, asasinado polas suas coidadoras.

Os detidos polo crime de Chancelas (Poio) compareceron este luns ante o xuíz, quen lles trasladou a intención de xulgalos polo tribunal do xurado, segundo explican fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).

Pola súa banda, a fiscalía leulles os feitos que se lle imputan e todas as partes solicitaron dilixencias, sinalan as mesmas fontes do tribunal.

As dúas mulleres que residían con Secundino Prego Amil, o veciño de 84 anos residente en Chancelas (Poio) que foi asasinado a golpes ás portas da súa casa foron detidas pola Garda Civil de Pontevedra como presuntas autoras materiais do crime.

Xunto con A.T.F e B.G.P., con idades de entre 30 e 50 anos, foi sido detido un home, que responde ás iniciais de R.G.G., algo maior ca elas, acusado de ser o suposto colaborador.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar