108 cumpreanos da segunda muller máis lonxeva de Galicia

108 cumpreanos_segunda muller máis lonxeva de Galicia_fundación San Rosendo

Josefa Alvárez, a segunda muller máis lonxeva de Galicia e a máis maior da provincia de Ourense, cumpriu este domingo 108 anos na residencia de Nuestra Señora del Mundil, no Concello de Cartelle. Durante a celebración, fixérolle entrega de regalos e dun ramo de flores por parte da dirección do centro, nunha xornada na que tamén comeu a tradicional torta de aniversario.

En declaracións a Europa Press, a responsable de prensa Ana Sanjuás, explicou que na residencia se adoitan celebrar unha vez ao mes todos os aniversarios pero que en ocasións especiais como esta, que Josefa leva 15 anos na residencia e é a máis maior, faise unha celebración como a de domingo.

«Josefa estivo a cantar muiñeiras e outras cancións populares durante a celebración axudada polos traballadores do centro» porque é unha das súas afeccións, continuou Ana Sanjuás.

Ademais, engadiu que Josefa Alvárez é unha persoa que goza de moi boa saúde a pesar da súa avanzada idade e que mesmo se «a»sacas a bailar ela tamén baila».

A muller que cumpría este domingo 108 anos non ten fillos, nin casou, polo que á celebración acudiron un sobriño e a súa muller ademais de todos os seus compañeiros da residencia e os traballadores do centro.

A ‘avoa de Cartelle’, nacida en 1906 en Ramirás (Ourense), e que contou aos asistentes as súas receitas para alcanzar os 108 anos con tanta vitalidade, participa activamente na maioría das actividades do centro, e goza cantando e dando algúns pasos de baile.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar