O Concello de Vigo impulsa o aforro enerxético nas vivendas

O alcalde rubricou este venres o convenio, no que participan Gas Natural, FAIMEVI, Foncalor, Instalectra, APEC e Asemaco, co obxectivo de mellorar a eficiencia enerxética nos edificios de vivendas da cidade. Gas Natural movilizará 12 millóns no financiamento das reformas e os usuarios recuperarán o investido co aforro da enerxía dos seguintes cinco anos, segundo explicou Caballero.
OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Abel Caballero asinou un  acordo cos representantes das nomeadas entidades, convenio que presenta o obxectivo de desenvolver accións nos edificios de vivendas da cidade para gañar en eficiencia enerxética, singularmente mellorando as instalacións comúns de utilización da enerxía -tanto térmica como eléctrica-, así como calquera outra medida que contrinúa á reducción da demanda enerxética e das emisións de CO2. Como exemplos de actuacións posibles figuran a substitución das caldeiras por outras máis eficientes, o uso de combustibles menos contaminantes, a instalación de sistemas solares térmicos e a mellora dos sistemas de iluminación.

Para o alcalde trátase dun acordo «certamente interesante» que movilizará «12 millóns de euros». Explicou Caballero que Gas Natural «estuda e financia a estanqueidade dos edificios» e a instalación dunha «nova caldeira e o novo sistema calefactor». Os usuarios recuperan o investimento inicial co aforro derivado da enerxía durante os seguintes cinco anos. O rexedor estimou que uns 800 bloques de vivendas en Vigo poderán beneficiarse deste programa, con «coste cero» para os usuarios, e doce millóns para a xeración de emprego na cidade.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar