Os ourensans elixirán hospital entre Vigo e Santiago segun a nova lei de Garantías

Miguel Santalices_Rosendo Fernández_rolda PPou

O portavoz da Comisión de Sanidade no Parlamento de Galicia, Miguel Santalices, e mailo secretario provincial do PPOU e portavoz municipal en Ourense, Rosendo Fernández, compareceron esta mañá en rolda de prensa para a analizar os condicionantes de que o vindeiro 3 de marzo, entre en vigor a Lei de Garantías, que entre outras cousas establece a libre elección de hospital para un proceso novo de saúde, asunto este que ten unha importancia capital.

Miguel Santalices explicou que a nova reestruturación das Áreas Sanitarias, que entrou en vigor este mes, establece tres rexións sanitarias (norte, centro e sur), con cabeceira no Complexo Hospitalario da Coruña, Santiago e Vigo.

Nestas rexións sanitarias estarán ubicados, ou poderán crearse, os Servizos de Referencia para aquelas especialidades que non existan nos hospitais de: Ourense, Lugo, Ferrol e Pontevedra. Esta reorganización equilibrou a poboación adscrita a cada unha das rexións sanitarias (antes desequilibradas) quedando do seguintexeito:

-Rexión Norte: 1.072.000 habitantes (antes similar).
-Rexión Centro: 755.000 habitantes (antes 455.000).
-Rexión Sur: 922.000 habitantes (antes 1.090.000 habitantes).

O cambio fundamental prodúcese na adscrición nas referencias de Pontevedra que agora irán a Santiago, cando antes ían a Vigo, supoñendo en torno a 15-20 kilómetros máis, que en tempo se traduciría en 10 minutos máis. Precisamente, nestes días fíxoseunha manifestación en Vigo baixo o lema “Non desmantelar a Área Sanitaria de Vigo”, na que se esgrimiu como causa principal a pérdida de financiación, que suporádeixar de atender como referencia os preto de 280.000 habitantes.

 

SITUACIÓN DE OURENSE

No tocante á situación de Ourense, Miguel Santalices avanzou que os pacientes terán que seguir desprazándose para todas aquelas especialidades que non existan en Ourense, como son a cirurxía torácica, cirurxía plástica ou cirurxía cardíaca entre outros.

A orden de reestructuración «delimita claramente que o noso centro de referencia está no Complexo Hospitalario de Vigo. Pero tendo en conta a próxima Lei de Garantías, nós poderemos escoller hospital, e neste senso, cabe destacar, que Santiago e Vigo están para nós a mesma distancia, podendo suceder que un paciente de Cea ou Carballiño lle interese máis ir a Santiago», explicou Miguel Santalices. «Esta nova distribución e a aplicación da Lei de Garantías, vai xerar unha sana competitividade en favor da asistencia, o que claramente nos beneficiará aosourensánsao poder elixir». De feito, Miguel Santalices insta ao Concello de Vigo a que lle facilite melloras para os desprazamentos pola cidade olívica a aquele sourensáns que elixan este centro de referencia hospitalaria.

Tamén analizou Miguel Santalices que «non temos inconvinte en facer Área Compartida con Vigo, pero con reprocidade na cobertura, quere isto dicir que os profesionais de Ourense poderán solicitar técnicas (non servizos) de referencia, que so poderían facerse na nosa cidade e que permitiría que os de Vigo se desprazasen a Ourense. Tamén esta Área Compartida permitiría o desprazamento en ambas direccións dos profesionais, evitando así o desprazamento dos pacientes: hai a mesma distancia do Ourense a Vigo que de Vigo a Ourense», matizou o portavoz da Comisión de Sanidade do Parlamento de Galicia.

«Hai que enterrar este mercantilismo que sempre se pretende facer con hospitais do interior, fagocitándonos asistencialmente e financeiramente. Coa liberdade de elección, onde o paciente escolle o centro, irá loxicamente a financiación, polo tanto hai que ternos en conta e darnos técnicas de referencia, aosourensáns; os nososprofesionais son tan bos como os outros», concluiu Miguel Santalices.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar