Feridos dous menores atropelados frente a un instituto en Arteixo

   Dous menores resultaron feridos na mañá deste xoves na localidade coruñesa de Arteixo tras ser atropelados mentres camiñaban pola beirarrúa ante o instituto Manuel Murguía.

   Segundo informaron dende a Central de Emerxencias 112-Galicia, o suceso produciuse ás 10.15 horas, cando un condutor deu un volantazo para evitar atropelar a outros menores que nese momento cruzaban o paso de peóns e acabou subíndose á beirarrúa e atropelando dous mozos que camiñaban por esta.

Tras a alerta, ao lugar do suceso desprazáronse efectivos da Policía Local e de Protección Civil, así como un equipo de Urxencias Médicas 061-Galicia, que trasladou aos dous mozos, un rapaz e unha rapaza, ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC).

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar