Os cinco concelleiros críticos de Ourense manteñen a sua actitude

PSdeG_Concello Ourense_concelleiros_críticos_díscolos

Ningún dos cinco concelleiros socialistas díscolos do Concello de Ourense asistiu este martes á reunión do grupo municipal, como fan dende hai semanas, aínda que nesta ocasión o devandito encontro non estaba vinculado cun pleno.

Fontes do ámbito dos críticos explicaron a Europa Press que os edís se gardan as explicacións das ausencias deste martes para o ámbito interno, co fin de «dalas a quen haxa que dalas».

As mesmas fontes trasladaron que o prioritario para eles é que os expedientes disciplinarios incoados «tan inxustamente e pouco profesionalmente» sexan arquivados por decisión de Ferraz, o que esperan que pase tras a lectura das alegacións presentadas polos cinco e enviadas, entre outros medios, por correo postal o pasado venres 7 de febreiro.

Os cinco esperan que o instrutor do expediente, a identidade do cal non coñecen porque «non se lles informou», lea as alegacións «e faga o favor de arquivar eses expedientes sen sentido».

Segundo puido saber Europa Press, a edil María Devesa segue de baixa por escordadura e Mónica Vázquez leva días fóra da provincia de Ourense.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar