O libro «Ourense, una provincia enigmática» será presentado esta tarde

No Salón de Actos do Centro Cultural “Marcos Valcárcel” da Deputación de Ourense, terá lugar hoxe, martes, ás 20.00, a presentación do libro «Ourense, unha provincia singular, enigmática e sorprendente», coordinado por Marita Souto Figueroa, catedrática de Física e Química e licenciada en Farmacia. No libro, editado pola Deputación de Ourense, participan 14 autores.
O fío condutor da publicación é a provincia de Ourense, que se aborda desde dous aspectos: as augas e o patrimonio histórico-artístico. A obra está ilustrada con imaxes proporcionadas polos autores do texto e fotografías do arquivo do fotógrafo Mani Moretón.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar