As choivas aumentan de novo o caudal dos rios

O Miño, desbordado, desde a ponte romana de Ourense.
O Miño, desbordado, desde a ponte romana de Ourense.

O novo episodio de chuvias que se rexistra en Galicia este martes provocou que aumente de novo o caudal dos ríos galegos, pero non se prevé que superen os «picos» de xornadas anteriores.

Así o asegurou o director de Augas de Galicia, Francisco Menéndez, quen comentou que «os ríos están a incrementar o caudal, pero non espera que alcancen niveis que superen o que se viu» en días pasados».

Neste sentido, indicou que, se ben poden rexistrarse «desbordamentos puntuais» polo aumento do caudal dos ríos, non se prevén «graves danos».

Aínda que as chuvias están sendo xeneralizadas en toda Galicia, Menéndez apuntou que son máis intensas na zona do Xallas e provincia de Pontevedra, polo que precisou que «depende da superficie da cunca» a posibilidade de desbordamento nalgún río da comunidade porque «todos incrementan o caudal».

Non obstante, o responsable de Augas de Galicia subliñou que seguirán «vixiantes» xa que, tras o episodio de chuvias deste martes, se prevén máis precipitacións en próximos días.
PERIÓDICAS

Menéndez comentou que «certas infraestruturas» situadas preto das cuncas dos ríos Miños e Sil se puideron ver afectadas por desbordamentos, como foi o caso dun muíño en Caldas de Reis, pero incidiu en que a maioría foron «terreos inundados».

Con todo, o director de Augas de Galicia explicou que se trata de inundacións puntuais que «se producen de forma natural e periódica» a causa do incremento do caudal dos ríos.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar