Currás admite falta de diálogo entre os tres aeroportos

   O alcalde compostelano, Ángel Currás, admitiu este luns que en Galicia «falta diálogo» entre os tres aeroportos de Santiago, A Coruña e Vigo, ao tempo que esgrimiu que a «especialización» é «clave» e manifestou o seu desexo de que o comité de coordinación aeportuaria contribúa a favorecer a cooperación entre terminais.

aviones-aeropuerto-lavacolla-santiago-de-compostela   En declaracións aos medios tras a presentación en Santiago do plan autonómico de turismo ata 2016, Currás defendeu que se trata de «chegar a acordo» entre as tres cidades e insistiu na necesidade de «especialización» e de coordinación para abrirse ao turismo internacional.

«Manifestamos que (coordinarse) era moi necesario para que as tres terminais teñan o tráfico que necesitan as tres cidades e que necesita Galicia. Non podemos seguir competindo polas mesmas rutas», remarcou o rexedor compostelano.

«DENDE CALQUERA AEROPORTO»

Pola súa parte, a directora da Axencia de Turismo de Galicia, Nava Castro, remitiu á comisión interaeroportuaria que preside a secretaria de Transporte para abordar a coordinación.

«Nós o que temos que facer é traer xente a Galicia dende calquera aeroporto», subliñou a responsable de Turismo, quen destacou que na comunidade «hai que contar que a xente mesmo chega a pé», en relación aos peregrinos que realizan o Camiño de Santiago.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar