Acto vandálico en Outes contra unha embarcación de Gardacostas

Embarcación gardacostas danada_1

Unha embarcación do servizo de Gardacostas, dependente da Consellería do Medio Rural e do Mar apareceu esta madrugada na praia de Siabo, na parroquia do Freixo, concello de Outes. A embarcación, pertencente á unidade operativa de Portosín, foi retirada do seu lugar de amarre e saboteada.

Foi atopada por un vixiante da confraría de Noia, que deu aviso á Sala de Operacións de Gardacostas. Axentes de Gardacostas desprazáronse ata a praia do Freixo e comprobaron que a embarcación tiña os cabos de amarre cortados e que a intentaron incendiar, xa que ademais de atopar no seu interior un recipiente de gasolina, a embarcación presenta marcas de queimado. A embarcación é a 312, Illa de Onza de 7,60 metros de eslora, 2 motores de 100 Cabalos cada un e de 3,65 TRB de arqueo.

Embarcación gardacostas danada_2

Ao longo desta mañá o Servizo de Gardacostas, que descoñece a autoría dos feitos, presentará a correspondente denuncia no posto da Garda Civil de Outes. A Xunta lamenta e condena este tipo de actuacións vandálicas e intencionadas que entorpecen e dificultan o traballo de loita contra o furtivismo.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar