Máis de 20 mil persoas visitaron «Xantar»

Xantar_xeral
Máis de 20.000 persoas visitaron ao longo dos últimos cinco días o Salón Internacional de Gastronomía e Turismo, Xantar 2014, que pechou este domingo en Ourense as portas dos seus XV edición, á que acudiron numerosos profesionais do sector, así como público en xeral.

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Jesús Vázquez, presidiu este domingo a clausura oficial do salón no día dedicado aos patrocinadores e colaboradores de Xantar, á cidade de Villareal (irmandada coa de Ourense) e aos concellos de O Barco, Sober e Vila de Cruces.

Na súa intervención, o titular de Cultura indicou que esta cita é «unha tarxeta de presentación de Galicia cara ao mundo, un encontro que destaca pola súa calidade e polas posibilidades que ofrece para abrir novos espazos e mercados internacionais á gastronomía galega».

Acto de clausura en el pabellón de Cuba, con desgustación de mojito"
Acto de clausura en el pabellón de Cuba, con desgustación de mojito»

 

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria participa directamente en Xantar a través dun ‘stand’ no que ofrece información sobre a Formación Profesional e no que se conta coa participación dos centros educativos de toda Galicia que imparten ciclos da familia de hostalaría nas actividades do salón.

Neste sentido, Jesús Vázquez destacou que «a aposta do Goberno galego pola FP como ferramenta fundamental para fomentar o crecemento en Galicia ten o seu reflexo no aumento das prazas ofertadas, 26.884 concretamente en 910 ciclos autorizados, como resposta á elevada demanda».

CONCURSO PRATO XANTAR

Durante o acto de clausura foron entregados os premios da segunda edición do Concurso Prato Xantar, ao que foron presentadas unha vintena de receitas e cuxos oito finalistas elaboraron o seu prato en directo no salón.

Na categoría de profesionais o gañador foi Manuel Garea, de Melide, cun prato denominado ‘Galicia nun prato, mar e montaña’ composto por produtos como polbo, grelos, lacón, mexillón e algas.

Así mesmo, na categoría de afeccionados, os gañadores foron Paula Díaz e Iván Álvarez, de Ourense, coa receita ‘Suprema de rodaballo, arroz, polbo, mexillóns e o seu crocante.

130 ACTIVIDADES

O total de 130 actividades do programa foron seguidas por máis de 6.000 participantes, na súa maioría, profesionais do sector. O programa incluíu 26 exhibicións de cociña en directo impartidas por prestixiosos cociñeiros galegos, portugueses e de Cuba.

Outra das actividades que espertaron o interese dos profesionais foron as máis de 25 catas comentadas de produtos como viño, queixo, mel, xenebra, ron ou aceite. A estas actividades súmanse as degustacións ofrecidas polos expositores.

Xantar_conselleira Agricultura

 

No acto de clausura de Xantar 2014, ademais do conselleiro, participou o alcalde de Ourense, Agustín Fernández; o secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda; ou o embaixador de Cuba en España, Eugenio Martínez.

COOPERACIÓN TRANSFRONTEIRIZA

Ademais, a organización explicou que esta edición serviu para estreitar «aínda máis» as relacións con Portugal, grazas á importante presenza, tanto de expositores coma de visitantes lusos.

Con todo, Xantar 2014 tivo outra grande protagonista, Cuba, que como país invitado estableceu novas redes de cooperación iberoamericana baseadas nas relacións existentes entre o Ministerio de Turismo de Cuba e Expourense, coa intermediación da Secretaría xeral de Emigración.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar