Falece Luís Carrera Pásaro, ex director xeral de Caixa Ourense

Luis Carrera Pásaro_2_ppp

O economista Luis Carrera Pasaro faleceu a primeras horas da tarde de onte no  Hospital do Meixoeiro de Vigo, onde fora ingresado a causa dun infarto na sua casa de Vigo.

O seu corpo permanece hoxe na capela ardente no tanatorio Vigomemorial, para ás 18.00 celebrar unha liturxia e a continuación proceder a sua incineración.

Luís Carrera Pásaro, naceu en 1949 en Castro de Rei. Licenciouse en Económicas na Universidade Complutense de Madrid; en 1971 empeza a traballar para o Banco Hispano Americano, co que é destinado a oficinas en Madrid, Barcelona e A Coruña, no  1979 pasa á Banca Mas, e en 1982 á Caja de Ahorros de Extremadura, onde xa acada un posto de subdirector da compañía. En 1987 dá o salto á empresa pública, e convértese en presidente da Sociedad para el Desarrollo Industrial de Extremadura, cargo que ocupará ata 1989.

Nese ano pasa a ser director xeral de Caixa Ourense, posición que ocupará ininterrompidamente ata a fusión desta caixa coas outras do sur de Galicia. Así, en 1999 será director xeral adxunto do grupo formado por Caixavigo e Caixa Ourense, e a partir de 2000, da marca xa coñecida como Caixanova. En 2004 abandonou o posto logo de filtrarse a súa posible fichaxe por Caja España que nonse chegou a producir. Posteriormente dedicouse á consultoría en temas bancarios.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar