Feijóo celebra a alianza con Pemex como oportunidade para o sector naval

Feijóo_Pemex_Barreras_Vigo

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, afirmou  que retomar a actividade do sector naval en Vigo e Ferrol supón recoller os froitos de meses de traballo, de negociacións e de conversas, e acredita a capacidade construtiva de calidade do naval galego. “Sería imperdoable que a crise varrera as ilusións, as enerxías e as capacidades instaladas no sector naval de Galicia”, aseverou o mandatario galego.

No acto de corte de chapa con motivo da volta ao traballo nas instalacións de Beiramar do estaleiro Hijos de J. Barreras, logo do novo encargo da petroleira mexicana Pemex, Feijóo asegurou que a Xunta seguirá traballando porque, ao igual que a nosa comunidade posúe multinacionais e empresas de menor tamaño presentes en todo o mundo, para Galicia é fundamental recibir o investimento doutras grandes empresas, como a petroleira mexicana.

Nesta mesma liña, referiuse á alianza con Pemex como unha enorme oportunidade para o sector naval galego: “Estamos ante unha enorme oportunidade no sector naval galego de Barreras, especialmente porque forma parte xa do sector de consolidación de Pemex, e ante unha enorme posibilidade dun estaleiro público de iniciar carga de traballo civil que, na miña opinión, é o futuro de Navantia”, afirmou Feijóo.

O presidente do Executivo galego destacou que o feito de saber facer barcos, de ser un pobo que cumpre a súa palabra e de ter un país solvente é a mellor tarxeta de presentación que pode ter Galicia e concluíu a súa intervención referíndose a México como un dos principais aliados na España do crecemento económico.

 

FERROL: CONTA ATRÁS

 

P=reviamente,  presidente da Xunta afirmou no Concello de Ferrol que o inicio da construción inmediata dun flotel en Navantia sitúa á comarca en sintonía “coa demanda naval do futuro”. “O destino está na modernidade e a modernidade é non buscar no pasado, senón buscar o noso destino no futuro. E a modernidade para Ferrol é buscar o seu destino naval na demanda naval do futuro que é a industria do petróleo”, aseverou, logo de precisar que a petroleira mexicana Pemex é, sen dúbida, das empresas do mundo que teñen máis futuro nesa industria.

Feijóo_Conde_alcalde Ferrol_Pemex

 

Durante a recepción aos representantes da multinacional, xunto ao alcalde do municipio, José Manuel Rey Varela, Feijóo incidiu en que o futuro de Galicia está en abrirse, “non en pecharse, nin en mirar o que faciamos, senón en intentar conseguir cousas que non faciamos ata o de agora. E hoxe podemos acreditar que, da mesma forma que México e España teñen lazos de familia, son dous países que teñen que seguir unidos, cada vez con maior intensidade”.

Nesta liña, o titular da Xunta expresou o seu desexo de que o acordo con Pemex sexa unha alianza de unión entre os dous países. “Ferrol é o principio da construción naval en España e espero que tamén sexa o principio do futuro da construción naval en España. Pemex deunos esa oportunidade e non imos fallar. Imos entregar ese barco conforme as prescricións técnicas pactadas, coa calidade contrastada e coa seguridade de que teñen aquí un porto seguro para poder facer moitas máis cousas xuntos”.

Durante a súa intervención, o responsable do Goberno galego afirmou que a petroleira mexicana é o reflexo dun país en marcha, “de que México chegou á economía internacional para quedarse e para quedarse entre os principais países do mundo”. “México e Pemex son dous nomes de futuro que acreditan competitividade e que acreditan para os seus socios e clientes unha posibilidade de crecer e de modernizarse conxuntamente, engadiu, logo de precisar que empeza a conta atrás para que en 29 meses o flotel encargado estea listo para partir cara a México e así completar os 30 meses -29 de construción e 1 de travesía e entrega- para que empece a estar operativo nunha das explotacións petrolíferas de Pemex”.

Feijóo destacou que hai poucos países como España que poden sentir o orgullo de ser o punto de partida de Europa cara a América e poucos lugares como Galicia e Ferrol, sinónimos de mar e de barco, respectivamente.

Para o presidente da Xunta, que Ferrol comece antes do levantamento do veto a construír un gran buque nunha das mellores empresas do mundo e para un dos países máis importantes do mundo é toda unha novidade que espera e desexa represente o inicio para a construción doutros barcos. “Este flotel é, sen dúbida, unha oportunidade para acreditar que xa quedan poucos meses para que en Ferrol poidamos empezar a construír buques civís e empecemos tamén unha nova época que acredite que este estaleiro, que ten máis dun século, é capaz de conseguir pedidos para as próximas décadas”.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar