«Berrogüeto» anuncia a sua disolución tras 18 anos

Berrogüeto
O grupo folk galego Berrogüetto anunciou este martes a súa disolución, despois de 18 anos de traxectoria artística ininterrompida, cinco discos e un libro-disco.

O grupo, que confirmou a noticia na súa páxina web, sinalou que se disolve cun sorriso, «satisfeito do traballo realizado e polos obxectivos acadados». Así mesmo, os seus compoñentes mostráronse «conscientes e orgullos do compromiso mantido» coa cultura e a música de Galicia, guiados «unicamente polo afán creativo».

Berroguetto, que anunciou que haberá un «pequena xira de despedida» para corresponder á «incondicional fidelidade» dos seus seguidores, agradeceu o apoio do público, das súas familias e da crítica «nos bos e malos momentos».

O proxecto Berrogüetto naceu no ano 1995 da man de seis músicos de procedencias dispares e supuxo unha revolución no ámbito da música folk polo seu estilo innovador, sen perder de vista a música tradicional galega. A súa visión da música como vehículo de diversidade cultural, a mestura de tradición e experimentación, levaron a este grupo a transcender as fronteiras de Galicia.

Na súa última etapa Berrogüetto está formado por Anxo Pintos (zanfona, gaita, saxo soprano, violín e teclado); Guillerme Fernández (guitarras); Isaac Palacín (percusión); Quico Comesaña (bouzouki, arpa e mandolina); Quim Farinha (violíns, nickel arpa); Santiago Cribeiro (acordeón e teclados); e Xabier Díaz (voz, gaita e percusión).

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar