Xuntanzas con 32 colectivos concluen que o Plan Xeral de Ourense presenta deficiencias

Rosendo Fernández e grupo municipal PP OUrense

O Grupo Municipal do PP de Ourense presentou hoxe a campaña informativa: “Alcalde, mi casa no la devalúas tú”, centrada no Plan Xeral de Ordenación Municipal, que está no período de exposición ao público ata o vindeiro día 28.
Rosendo Fernández, Mónica Mourelo e Aurelio Gómez Villar presentaron hoxe esta campaña, despois de que os populares se reuniran con 32 colectivos profesionais, empresariais, económicos e veciñais. Ademáis, durante este mes de febreiro están previstas outras 15 reunións para seguir analizando o PXOM.
Coa campaña presentada hoxe, que se distribuirá pola cidade a través de “buzoneo” e a través das redes sociais, os populares alertan das múltiples deficiencias detectadas no novo planeamento, así como das repercusións que poidan ter para calquera cidadán, como é o caso de que o seu inmoble quede fóra de ordenación.
Os populares lembran que restan 25 días para que os veciños de Ourense comroben o estado das súas propiedades no plenamento, así como para que formulen as alegacións oportunas. Este momento é “crucial”, sinalou Rosendo Fernández, xa que é o único momento que terán para defender os seus dereitos.

Documento explicativo en PDF

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar