O presidente analizará caso a caso as actuacións da Pokémon

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, afirmou este luns que analizará «actuación por actuación» para decidir «qué conduta» esixe aos cargos do PP imputados no marco da ‘Operación Pokemon’, entre os que atopan o alcalde de Santiago, Ángel Currás, e o tenente de alcalde da Coruña, Julio Flores, entre outros.

«Os delitos non se poden tolerar en ningún caso e, o resto de actuacións que non sexan delitos, estaremos actuación por actuación para ver qué conduta imos esixir», sentenciou, en declaracións aos medios, o tamén xefe de filas do PPdeG.

Manifestouno tras a apertura dunha parte do sumario da ‘Operación Pokemon’, que investiga unha suposta trama de subornos a políticos a cambio da concesión de adxudicacións a servizos públicos, coa empresa Vendex como epicentro.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar