Inmimente entrada en servizo das novas Urxencias do Hospital da Coruña

Complejo Hospitalario A CoruñaComplejo Hospitalario A Coruña

A conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera Álvarez, visitou esta mañá a ampliación do servizo de urxencias do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña. Mosquera Álvarez destacou que a importancia de ter rematada esta obra pois é unha infraestrutura fundamental para seguir configurando un servizo sanitario público galego de calidade, así mesmo, destacou que está en marcha o equipamento da instalación e as probas técnicas de posta en funcionamento.

Este novo servizo de urxencias, asegurou a conselleira de Sanidade, do que se beneficiarán as case 550.000 persoas da Área Sanitaria da Coruña, supón a reforma e ampliación de case 2.400 m2 que vai permitir multiplicar por catro a superficie de urxencias. Deste xeito poderanse atender mellor ás máis de 150.000 urxencias anuais nun lugar máis adecuado e con máis dispoñibilidade de alta tecnoloxía.

Na visita Rocío Mosquera estivo acompañada polo director xeral de Recursos Económicos do Servizo Galego de Saúde, Pablo Torres Arrojo; do xerente de Xestión Integrada da Coruña, Francisco José Vilanova Fraga; e da delegada territorial da Xunta de Galicia na Coruña, Belén Mª Do Campo Piñeiro.

Este novo servizo de urxencias, ubicado no primeiro andar do Hospital Universitario A Coruña, contará na área de primeiro contacto con 2 consultas de triaxe, 4 consultas para altas.

Noutra área, denominada de primeira atención, contará con 4 boxes para pacientes críticos, 5 consultas rápidas, 20 boxes de atención urxente, 1 box de axitados, 1 sala de curas, 1 sala de xesos, 1 sala séptica e 1 baño asistido.

Por outra banda contará tamén cunha área de observación e resultados. Esta zona contará con 47 postos de observación, 1 box de axitados, 1 box de illados, unha zona de duelo, 1 sala con sillóns para espera de resultados con 50 postos e 1 sala de espera.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar