Premio Aresa para a empresa Alibos, de Monterroso

Premio Aresa_1

O xerente de Alibos Galicia, S.L., Jesús Quintá, foi o encargado de recibir de mans do presidente de Aresa, Álvaro Rodríguez Eiras, o galardón que convirte a esta empresa de Monterroso na gañadora da XIV edición do Premio Aresa de Desenvolvemento Rural.

O acto de entrega celebrouse este venres , no Auditorio da Facultade de Veterinaria do Campus de Lugo, coa presenza da conselleira de Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana; o rector da Universidade de Santiago, Juan Casares Long;  o presidente de Aresa, Álvaro Rodríguez Eiras, e José Mouriño Cuba, en representación do xurado.

O Premio Aresa, dotado con 10.000 euros, é un dos premios máis relevantes do sector e reúne todos os anos ás personalidades máis destacadas do mundo social, económico, político e cultural da capital. Entre os asistentes estivo tamén o conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde; o presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro; o subdelegado do Goberno, Ramón Carballo, e a delegada da Xunta de Galicia, Raquel Arias, entre outros.

Nesta ocasión, o acto de entrega contou coa intervención especial de Carlos del Álamo Jiménez, presidente de Tecnoma e exconselleiro de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, que foi membro do xurado do Premio este ano e que fixo unha reflexión sobre a nova PAC, o capital natural e os servizos ambientais.

Esta conferencia foi complementada pola intervención do xerente de Alibos, que, unha vez recibido o premio, fixo un percorrido pola historia da castaña e a situación actual do sector.

Pola súa banda, o xurado, da man de José Mouriño Cuba, fixo tamén una valoración da concesión do premio ao gañador e un percorrido polos catorce anos de historia do Premio, lembrando a todos aqueles que recibiron o galardón.

Reunión del pasado 2 de enero del jurado calificador del Premio Aresa.
Reunión do xurado calificador que decidíu a concesión do Premio Aresa.

O presidente de Aresa avanzou ante os presentes que para a seguinte edición do Premio haberá novos cambios na organización, dos que dixo que aínda están en proceso de desenvolvemento, asegurando que “modificaremos as bases para que, no sucesivo, atendamos non só aos proxectos que xa son realidade, senón tamén a aqueles que están sen desenvolver e que se axustan aos obxectivos que temos desde o principio, e que son a creación de emprego e de riqueza para o medio rural”.

Trala intervención da conselleira de Medio Rural e do Mar, o reitor da USC pechou o acto destacando que o Premio Aresa “afonda no compromiso da USC coa súa contorna e presenta o Campus Terra como unha estratexia de futuro para o campus universitario de Lugo”. Casares salientou que o Campus Terra constitúe unha iniciativa integradora, na que teñen cabida todas as áreas do coñecemento, e que está aberta á suma das achegas e á participación de particulares e empresas, entidades e institucións preocupadas pola valorización do medio rural e polo aproveitamento sustentable dos recursos naturais”.

TRABAJANDO LA CASTAÑA

Alibos Galicia dedícase desde 1968 á elaboración de castaña pelada e conxelada fundamentalmente. De feito, procesa en fábrica máis de 6.000 toneladas ao ano, das que 5.000 se destinan ao consumo humano e o resto son para a alimentación de porcos da categoría Selecta de Coren.

No ano 2010 iniciaron o Proxecto Soutos, a través dun convenio firmado coa Deputación Provincial de Lugo. Trátase dunha iniciativa coa que se pretende revalorizar o medio rural galego facendo rendibles os soutos, os bosques autóctonos, ao mesmo tempo que se loita co despoboamento rural.

A través deste proxecto, Alibos firma un contrato cos propietarios dos soutos para proporcionarlles un servizo integral, desde o asesoramento antes da plantación ata a comercialización, pasando polas fases intermedias de plantación profesional e recollida mecanizada. Nestes tres anos, xa son 225 as hectáreas incluídas nese proxecto, 200 de nova plantación e 25 de recuperación do souto.

O proxecto culmina coa creación dun viveiro de castaños para froito e unha empresa, Soutos Sativa, para asesorar desde antes da plantación ata a venda de produto final. Tamén está involucrada no proxecto ‘Integra Castanea’, que ten por obxectivo estudar e mellorar a polinización, micorrización e recollida mecanizada de castañas.

ANTERIORES PREMIADOS

Na traxectoria deste galardón, creado no ano 2000 e que acadou un recoñecido prestixio no sector, figuran premiados como o profesor da USC Javier Guitián (en 2001, polo seu estudo sobre os valores biolóxicos da Serra do Courel), a Aula de Produtos Lácteos (ano 2002) ou a Facultade de Veterinaria (2008). Fóra do ámbito universitario, outros gañadores do premio foron a industria cárnica Novafrigsa (2000), a IXP Ternera Gallega (2004), o programa de TVG ‘O Agro’ (2005), a D.O. Ribeira Sacra (2006), a empresa Ingapan (2009) ou a Asociación de Criadores de Rubia Galega – Acruga (2010).

A título individual tamén recibiron este recoñecemento o director xeral de Agricultura da Comisión Europea, o lucense Xosé Manuel Rodríguez Silva (2003), e os impulsores da queixería Casa Macán (2007). Na edición de 2011 premiouse a Sociedade Agraria de Transformación ‘Montes de Trabada’. O último premio recaeu sobre a empresa Champivil, unha sociedade familiar fundada en Vilalba e dedicada á elaboración e comercialización dun amplo abano de produtos agroalimentarios.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar