O PP acusa de asistencias irregulares ao Goberno municipal de Ourense

Rosendo Fernández_Xulgados Ourense

 Escrito de personamento

O Grupo Municipal do Partido Popular de Ourense persónase como acusación na causa xudicial aberta nestes momentos polo Xulgado de Instrucción número 1 de Ourense e que está a investigar a contratación de asistencias técnicas no Concello de Ourense, despois dunha denuncia conxunta dos sindicatos CIG e USO, que ratificaron o pasado 9 de xaneiro.
Así o anunciou esta mañá o portavoz popular, Rosendo Fernández, diante do Pazo de Xustiza tras rexistrar o escrito de personación neste procedemento xudicial. Acompañado polos concelleiros Mónica Mourelo e José Luis Valcarce, Rosendo Fernández explicou que: “Como grupo maioritario desta Corporación, personámonos como acusación neste procedemento para dar a coñecer ao xuiz novos e máis feitos relacionados coas asistencias técnicas”.
Así, o portavoz dos populares sinalou que tras as sentenzas que causaron a contratación indefinida e ata cincos persoas o alcalde e a concelleira de Urbanismo realizaron unha nova asistencia técnica en materia de urbanismo por un importe mensual periódico de 2.057,00 euros, co correspondente reparo da intervención municipal.
Ademáis, a través da figura de asistencia técnica, encárgase tamén a defensa xurídica da Concellería de Urbanismo de forma exclusiva a un despacho profesional de A Coruña, “Antas Hernández S.C” formado entre otros por Carlos Hernández, abogado que fora o primeiro en asistir ao ex alcalde no primeiro día da súa detención pola Operación Pokemon.

 

151 MIL EUROS

Segundo os datos que ten o Grupo Municipal do PPOU e que incorporou hoxe ao xuiz xunto co escrito de personación, dende o ano 2007 o Concello de Ourense pagou 151.111,46 € a este despacho de abogados a pesar de contar na súa plantilla con: 1 asesor xurídico, 1 asesor xurídico adxunto, 1 viceasesor, 1 letrado xefe e 2 letrados asesores.
Tamén os traballos de redacción de instrumentos de planeamento urbanístico de desenrolo (modificacións puntuais, plans especiais, estudios de detalle, proxectos de reparcelación, presentación pública de proxectos estratéxicos e informes técnicos para pleitos) son realizados a través de asistencias técnicas, tal e como explican os populares e documentaron ante o xuiz instructor.
Neste caso, a empresa beneficiaria destas asistencias técnicas foi “Fernández Carballada y Asociados”, tamén de A Coruña, e que ten de forma casi exclusiva todos os encargos deste traballos facturando dende o ano 2008 un importe de 249.000,00 €.

ADVERTENCIA PREVIA

Lembrou Rosendo Fernández que o Grupo Municipal do Partido Popular de Ourense, a través dunha moción en sesión plenaria de 1 de marzo de 2013, descubrira e advertira ao alcalde do perigo das diferentes asistencias técnicas con que contaba o Concello, con múltiples e diferentes reparos da Intervención Municipal (por non existir proceso de contratación e o perigo de quedar como indefinidos na plantilla do concello segundo sentenzas do Tribunal Supremo). Foron moitas as denuncias públicas ante os medios de comunicación as que fixo o PP, tanto neste mandato como no anterior, alertando sobre este asunto, sen que o Goberno Municipal mudase esta peculiar forma de contratación, que supuña unha porta de acceso “pola porta de atrás” a traballadores que se convertían en indefinidos. De feito, as sentenzas xudiciais permitían ao Concello indemnizar a estes traballadores ou facerlles contrato indefinido, opción que era sempre a a escollida polo Goberno Municipal, a máis gravosa para as arcas municipais.

 

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar