Morre un home ao caer ao río no paseo fluvial de Quiroga

Un home duns 52 anos de idade faleceu na noite deste martes tras caer ao río no paseo fluvial do termo municipal luicense de Quiroga.

Foi o fillo do home o que alertou o 112 ás 20.21 horas do martes e indicou que o seu pai caera ao río e non podía sacalo, segundo informou o servizo de emerxencias.

Foron mobilizados os servizos sanitarios de urxencias e os Bombeiros de Monforte, así como a Guardia Civil, Policía Local e os efectivos do GES de Quiroga.

Finalmente, segundo indicou o 112, axentes da Policía Local sinalaron que non eran necesarios os bombeiros posto que atoparan a persoa fóra do río falecida.

Ao lugar, o 061 desprazou unha ambulancia asistencial e persoal sanitario do PAC de Quiroga para atender no punto a un paciente, onde confirmaron o falecemento do varón L.G.M., de 52 anos.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar