Falece Blas Piñar, histórico dirixente ultradereitista

Blas Piñar

Morreu Blas Piñar, histórico líder da ultradereita e fundador de Fuerza Nueva.  Tiña 95 anos e faleceu na súa casa de Madrid. Estaba retirado da actividade política, malia que continuaba escribindo artigos sobre actualidade. O último foi este venres.   Foi procurador das Cortes Españolas na Administración franquista e conselleiro nacional do Movemento e deputado nas primeiras eleccións democráticas de 1977.

Blas Piñar López naceu en Toledo en 1918 e a sua traxectoria política sempre destacou pola sua identificación co franquismo. A sua derradeira incursion política tivo lugar aos 92 anos, coa sua presenza simbólica como candidato número 25 en AES, Alternativa Española.

Piñar era notario de profesión. Xa xubilado, nos seus últimos anos presidía Fuerza Nueva Editorial S.A. e a Asociación Cultural Cespe, Centro de Estudios Sociais, Políticos e Económicos, ao tempo que interviña cada ano nos actos conemorativos do 20 de novembro -aniversario da morte de Franco- na Praza de Oriente de Madrid.

 

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar