Currás diserta en Madrid sobre as cidades Patrimonio da Humanidade

Currás_Madrid_Nueva Economía Fórum_1

O alcalde compostelán, Ángel Currás, participou como relator no almorzo informativo do Smarcity. Foro de La Nueva Ciudad, organizado por Nueva Economía Fórum. Ante seis secretarios de Estado, diplomáticos, representantes das administracións autonómica e local e dirixentes empresariais, presentou o proxecto SMART iAgo, cuxo obxectivo principal é formular solucións tecnolóxicas orientadas á xestión e á resolución da problemática específica das cidades Patrimonio da Humanidade nos seus centros históricos.
Segundo explicou o alcalde, este proxecto busca “eficiencia, máxima aplicabilidade e adaptación da I+D á problemática e particularidades da Cidade Patrimonio da Humanidade no seu conxunto, de forma que los resultados sexan escalables, eficientes e trasladables a outras cidades ou entornos “. Tamén permitirá ás empresas locais con capacidade tecnolóxica xa existente en Santiago e á propia Universidade “posicionarse tecnoloxicamente nun campo novo e poder exportar os seus produtos e servizos a outras cidades”. Trátase tamén de “integrar a centros de I+D, empresas e outras entidades interesadas ao obxecto de maximizar o impacto do proxecto no sector produtivo, e de capacitar ao tecido empresarial para acometer novos retos en liña cos obxectivos FEDER”, engadiu.

En sintonía coas recomendacións normativas da UNESCO de abordar a xestión funcional dos centros históricos, apuntou a necesidade de resolver problemas como a revitalización do tecido social, a actualización da oferta comercial, a mobilidade urbana ou a prestación de servizos básicos mellorados. Neste sentido, lembrou que cidades como Santiago se enfrontan a problemáticas específicas como as limitacións á intervención nun entorno histórico, a necesidade de conservación do patrimonio, a fixación da poboación residente, os grandes fluxos turísticos, a accesibilidade e a mobilidade ou explotación sostible do patrimonio histórico.

Currás_Madrid_Nueva Economía Fórum_3

No caso particular do conxunto histórico de Compostela, falou da perda de poboación residente nos últimos anos e do efecto que podería causar unha “excesiva orientación cara o turismo”, converténdoo nun “parque temático, con ofertas excesivas de hostalería e dun comercio dedicado ao visitante de escasa calidade e variedade, en detrimento dos servizos e da calidade de vida para os cidadáns”. Tamén se referiu aos “déficits en materia de accesibilidade, mobilidade e transporte colectivo, servizos urbanos e a propia rixidez do Plan Especial de Protección da Cidade Histórica”.

Fronte a isto, dixo, “a tecnoloxía pode ofrecer solucións interesantes” no ámbito das cidades Patrimonio e, en xeral, dos cascos históricos. Así, SMART iAgo é “unha proposta pioneira e innovadora, sendo a primeira que busca eficiencia, máxima aplicabilidade e adaptación da I+D á problemática dunha Cidade Patrimonio”

 

TRES EIXES DE ACTUACIÓN
Para avanzar nestas solucións, trazáronse varios eixes de actuación, sendo o primeiro o deseño de sistemas de captación de información do propio centro histórico. Trátase de elaborar ferramentas que “recollan información coa capacidade de detección de diversos fluxos e acontecementos urbanos (tráfico, persoas, eventos, ruído, lume, etc), para predicir ou alertar sobre fenómenos de interese e dar resposta dende un centro de control”.

O segundo eixe de traballo é o deseño de sistemas de xestión eficiente para outro tipo de solucións. Segundo explicou o alcalde, o obxectivo é crear “unha ferramenta de monitorización e soporte á toma de decisións para a problemática específica de entornos Patrimonio, de forma que o concello poida controlar e actuar sobre os parámetros críticos que inflúen nos procesos dunha cidade histórica, tales como a identificación das causas polas que determinadas zonas se degradan máis que outras, para o deseño de plans de actuación ou prevención adecuados”. Coa información obtida, engadiu, “será posible desenvolver cadros de mando que permitan realizar simulacións, configurar alertas e xerar información para a toma de decisións”.

Outra meta é a creación de aplicacións de sostibilidade dos edificios públicos nun entorno histórico. Neste punto, referiuse á aposta por sistemas de transporte que garanta na mobilidade respectando o patrimonio, aos sistemas innovadores para xestión de residuos sólidos urbanos, ao reparto de mercadorías nos cascos históricos, aos modelos de subministro eléctrico ou de comunicacións e á xestión integral da auga.

Currás_Madrid_Nueva Economía Fórum_2Finalmente, Ángel Currás aludiu á promoción e explotación do patrimonio, ámbito decisivo nunha cidade como Santiago na que “a cultura, a educación, a arte e o patrimonio xogan un papel estratéxico non só na cidade, senón cara o turismo; e onde, ademais do patrimonio artístico e monumental, o centro histórico é escenario de gran parte da ampla programación cultural”. Por iso, subliñou, é preciso engadir información de valor a estes espazos a través de tecnoloxías como a realidade aumentada, GPS, QR, soportes 2D, 3D E 4D, entre outras.

O alcalde amosouse convencido de que este proxecto “permitirá superar a xestión arquitectónico-urbanística dos centros históricos para abordar unha xestión funcional que posibilite resolver os problemas cotiáns e específicos das denominadas Paisaxes Urbanas Históricas. É urxente preservar a autenticidade e a vitalidade destes conxuntos”. Incidiu en que se trata dun programa para “mellorar a calidade de vida e o prestixio das nosas cidades aos ollos do mundo, pero tamén para estimular proxectos empresariais e profesionais susceptibles de internacionalizarse noutras cidades Patrimonio”.

 

LIDERADO NA INNOVACIÓN
O rexedor compostelán enmarcou este proxecto no “papel de liderado no impulso da innovación na cidade asumido polo Concello dende hai dous anos, cun traballo constante no que estamos implicando tamén a outras institucións e entidades públicas, así como ao sector privado da Comunidade Autónoma e a empresas de implantación nacional e internacional”. De aí que Santiago tamén teña asumido ese papel principal no proxecto de cidades intelixentes no marco do Grupo das Cidades Patrimonio.

Co obxectivo de lograr o recoñecemento para Santiago como cidade “intelixente” ou “smart”, o Concello vén incorporando de modo progresivo criterios de sostibilidade e eficiencia en todos os seus ámbitos. Referiuse o alcalde, por exemplo, á reforma da estrutura administrativa e de contratación, creando unha área especialidade en Desenvolvemento Urbano Sostible ou a recente creación do Departamento de Innovación, que será o encargado de captar financiamento dentro do marco comunitario 2014-2020 e de desenvolver e executar os proxectos en materia de innovación e desenvolvemento”.

Outra das accións neste eido é a renovación dalgúns dos contratos de servizos máis importantes -subministro de enerxía eléctrica e mantemento do alumeado público, mantemento de parques e zonas verdes, recollida de residuos, mantemento do viario público, transporte público- a través de “procedementos de compra pública innovadora”. Ademais, indicou que o Concello se adiantou ao Real Decreto 235/2013, que “esixe o consumo nulo de enerxía en edificios públicos para el año 2019, de modo que esta esixencia xa se vén realizando nas licitacións de novos equipamentos como o palacete da Finca do Espiño.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar