José María Arias, novo presidente do Consello Social da Universidade de Santiago

José María Arias_VCAL
O presidente do Banco Pastor e da Fundación Barrié, José María Arias, será o novo presidente do Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela en substitución de Manuel Puga, que finaliza o seu segundo mandato e alcanza o máximo legal para ocupar este posto.

O Consello da Xunta aprobou este nomeamento a proposta da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, quen agradece o traballo desenvolvido por Manuel Puga nos últimos anos á fronte deste órgano universitario.

O reitor da USC, Juan Casares Long, trasladou a súa “satisfacción” pola designación do novo responsable, recordando que evidenciou o seu convencemento do papel fundamental da educación no progreso da sociedade.

Así mesmo, Casares subliñou o seu “agradecemento” a Puga Pereira “polo intenso labor desenvolvido, bo facer e compromiso” coa Universidade de Santiago.

Arias Mosquera licenciouse en Dereito pola USC e co título de Programa de Alta Dirección de Empresas do Instituto de Estudios Superiores da Empresa. A súa vida profesional estivo ligado ao Banco Pastor, accedendo á presidencia en 2011 e á vicepresidencia de Banco Popular en 2012, entre outros cargos en empresas e asociacións.

A raíz do seu cargo á fronte da Fundación Barrié, Mosquera está “moi vinculado” ao mundo da cultura, patrimonio, educación e servizos sociais, sendo tamén vogal do Padroado Príncipe de Asturias, da Fundación COTEC, do Consello da Cultura Galega ou da Fundación Gaiás Cidade da Cultura, entre outras.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar