Os hemofílicos de Ourense seguirán a contar co apoio da Deputación

Baltar_Asociación Hemofilia Ourense

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu no Pazo Provincial ao presidente da Asociación Ourensá de Hemofilia, José Antonio Ruiz, e a membros da súa directiva, con quen analizou temas de ámbito social na provincia de Ourense e, sinaladamente, asuntos relacionados cos proxectos e iniciativas que leva a cabo esta asociación a prol das persoas hemofílicas.

Na xuntanza a asociación presentoulle ao presidente provincial a memoria de actividades e valorouse a posibilidade de seguir colaborando por parte da Deputación de Ourense en apoio as actividades que realiza esta organización. Neste senso, Baltar explicou que na orde de axudas a entidades que traballan no ámbito social para 2014 –cuxa contía se incrementa de 250.000 a 350.000 euros- terán tamén cabida os proxectos da Asociación Ourensá de Hemofilia.

Manuel Baltar dixo que os servizos sociais son unha área prioritaria da institución provincial por ser un dos piares fundamentais da sociedade, e citou como exemplo o Plan BenOurense, iniciado no ano 2012, ampliado no 2013 e que no exercicio de 2014 permitirá seguir atendendo as necesidades de servizos sociais na provincia. “Un plan –explicou Baltar- que ten na cooperación entre deputación e concellos a palabra clave para fortalecer e favorecer o crecemento económico e social dos municipios da nosa provincia”.

Deputación e Asociación Ourensá de Hemofilia acordaron tamén colaborar na divulgación dos obxectivos da asociación en todos os concellos da provincia de Ourense e celebrar unha actividade específica coincidindo con Día Mundial da Hemofilia, o vindeiro 17 de abril.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar