Manuel Baltar defende a continuidade das deputacións e a elección directa dos seus membros

Manuel Baltar_intervención Plan Ourense 92

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, defende a necesidade de acometer unha tripla reforma da administración local “para que as deputacións sigan desempeñando ese rol activo e creador que veñen desenvolvendo dende a división territorial do Estado en provincias”. Nun artigo publicado na revista da Fundación Democracia e Goberno Local, Manuel Baltar afirma que esta tripla reforma “ten que ser competencial –que é o contido substancial da nova Lei de Sostibilidade da Administración Local-, pero tamén debe abordarse a cuestión do financiamento, pois é necesario que as competencias propias leven inherentes a dotación económica para o óptimo servizo público que prestemos”. A terceira parte desa reforma pasaría, segundo Manuel Baltar, pola modificación do réxime electoral, “coa elección directa dos deputados provinciais para ganar en afección cidadá”.

Baltar destaca que a maior vantaxe da reforma local “é a valentía de poñer sobre a mesa a revisión dun texto que conta con 28 años e que era necesario abordar, sobre todo nun escenario de crise económica tan acusado, para eliminar duplicidades e delimitar claramente o ámbito competencial de cada administración”.

ASISTENCIA AOS CONCELLOS PEQUENOS

O presidente provincial subliña que en Ourense “vimos traballando dende fai anos coa mesma filosofía da reforma e así o pon de manifesto o cumprimento estrito do plan de xestión e estratexia operativa da Deputación de Ourense (Plan Ourense 92), que avoga polo redimensionamento e adelgazamento da nosa administración provincial, centrándonos nas competencias propias e deixando de xestionar directamente servizos que, hoxe en día, non constitúen a nosa prioridade, para dedicarnos á asistencia técnica, económica e xurídica dos concellos de menos de vinte mil habitantes (91 de los 92 que conforman a provincia de Ourense), e incluso suprimindo sociedades públicas que solapaban ámbitos de actuación propios doutros gobernos”.

Baltar considera que a reforma local “sitúa ás deputacións como “concello único” da provincia, levándoas a xestionar servizos intermunicipais mediante delegación de competencias”. “Desta maneira suplimos a falta de músculo en materia de recursos humanos, do que adoece a gran maioría de concellos, cuestión que trasladamos tamén ao Goberno da nación cun Plan de racionalización da estrutura administrativa municipal, que pode ser perfectamente exportable o resto de España, un concepto que definimos como “Provincia intelixente”.

Baltar sostén que os gobernos provinciais “debemos crear un marco de previsibilidade e seguridade xurídica a outras institucións e ás persoas, un camiño de non retorno no que en Ourense temos dado pasos importantes, innovadores e pioneiros como as ordenanzas de subvencións e de probas selectivas de persoal”. Ademais, considera o presidente provincial que as administracións “están obrigadas a seguir apostando polo rigor orzamentario e a contención do gasto público, cunha política marcada pola transparencia. Compartamos toda a información: aos cidadáns servimos e a eles lles pertence, porque os gobernantes non estamos aquí para as institucións senón para as persoas”.

POLA ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA

Manuel Baltar amósase tallante ao afirmar que temos que asumir que a administración do futuro “ou é electrónica ou non será administración”. “Sexamos conscientes do paso conceptual da etapa da administración á de xestión dos servizos públicos, e interioricemos a existencia en breve prazo do que poderíamos chamar a “pocket administration”, a “administración de peto”, que máis cedo que tarde levaremos nun dispositivo móbil desde o cal poderemos facer trámites como o pago de tributos, solicitar licencias ou inscribirnos nun curso de formación, entre outras moitas cousas”.

Manuel Baltar defende que hai que pensar na reforma “dende a perspectiva do cidadán, o eixe básico de toda actuación pública, e non dende o prisma do político”. “Non teñamos dúbidas de falar e debater”, engade, “porque esa é a maneira que ten unha sociedade de crecer e evolucionar”. Neste senso, Baltar lembra que esta é a razón de ser da conferencia de presidentes provinciais que se celebrará en Ourense no mes de marzo, coa colaboración de “Democracia e Gobierno Local”, “co obxectivo de avaliar, discutir, compartir e propoñer. Agardo que as conclusións dese encontro contribúan a mellorar os efectos e perspectivas da reforma. Como gobernantes responsables debemos ese compromiso aos nosos cidadáns”.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar