As intensas choivas danan o interior da Catedral de Santiago

Pese as proteccións extereriores, a auga está causando serveros danos no interior do templo.
Pese as proteccións extereriores, a auga está causando serveros danos no interior do templo.

 

A choiva que nas últimas semanas está a caer en Compostela cunha intensidade que non se lembraba desde hai lustros, causa problemas no templo catedralicio, no que as goteiras están afectando ao interior, especialmente á capela do Pilar, pese a que se procedeu a cubrir a lanterna cun gran plástico que acada tamén á de Burgos.

Esta solución de urxencia ofrece unha penosa imaxe do patrimonio compostelán, xas que desde a Quintana pódese observar un gran plástico ocultando a lanterna que emerxe sobre a capela do Pilar. Con esa medida temporal se cobre esa parte da basílica para que a chuvia non caia no interior.

Sen embargo, a medida non chega a ser suficiente. Media ducia de puntos da basílica sofren o goteo dende as cubertas sen que os reitores do templo poidan facer nada. O claustro, a propia nave principal, a capela de Burgos, o de ambulatorio e a capela da Comunión son sitios moi afectados pola chuvia.

A capela do Pilar, que leva xa tempo con este problema, acolle agora mesmo unha exposición ameazada pola auga. Pero o interior do recinto posúe unha rica ornamentación de xaspe e mármore que está a sofrir gravemente os efectos. Os danos son visibles e preocupantes para os responsables do principal monumento da cidade.
Nen a Fundación nen a Igrexa teñen fondos para atender as obras que se necesitarían para arranxala.

A acampaña “Amigos da Catedral” coa que se pretendía recadar cartos para rematar as obras da facahada do Obradoiro van moi lenta e non existe unha conciencia social que permita dispoñer de diñeiro co que facer fronte ós arranxos. Cálculase que é necesario recaudar a maiores un millón e medio de euros para rematar as obras.

A fundación vaise presentar ás axudas do Ministerio de Fomento co que pretende poder rematar os arranxos para o resto do templo, pero mentres eso non chega  os cimborrios con plásticos e redes no interior serán visibles desde o exterior.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar