Intenso temporal en todo o litoral galego

Temporal Galicia_7

Todo o litoral galego estará este xoves en alerta laranxa por un temporal marítimo que se iniciou no noroeste e Oeste da provincia de A Coruña e irase estendendo ao longo da tarde ao resto.

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Xunta informou de que toda a costa galega permanecerá durante a xornada deste xoves en alerta laranxa por un temporal marítimo, con mar combinado e ondas que oscilarán entre os cinco e seis metros de altura.

Segundo os datos da Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), o temporal iniciarase ás 9.00 horas deste xoves no noroeste e Oeste da provincia de A Coruña e irase estendendo ao longo da tarde ao sueste da provincia e Pontevedra e á costa de Lugo.

Dada a alerta laranxa na costa, co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias, a través do 112, informou da situación os concellos das tres provincias afectadas; ás deputacións; servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos, entre outros, para que adopten as medidas oportunas para garantir a seguridade dos bens e das persoas.

Tamén a Xunta recorda a importancia de seguir as medidas de protección como evitar aproximarse a diques ou rompentes co fin de previr un eventual golpe de mar que poida arrastrar persoas ou obxectos.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar