O Mes do Cocido de Lalín contará con menús de 25 euros

Feira do Cocido Lalín
Un total de 25 restaurantes de Lalín  terán menús especiais con motivo do Mes do Cocido, que se celebra entre o 15 de xaneiro e o 14 de febreiro, como paso previo  á XLVI Feira do Cocido, que erá lugar o 23 de febreiro.

Segundo informou o concelleiro de Turismo de Lalín, José Antonio Rodríguez, estes restaurantes, que contan cun selo de calidade do cocido, ofrecerán uns cuestionarios aos participantes nos que valorarán os pratos. Ademais, entregarase un pin a cada comensal –o ano pasado entregáronse entre 15.000 e 20.000– que foi deseñado pola cartelista Pilar Taboada, coa figura dun porquiño.

“De Santo Amaro Amaro a San Valentín, Mes do Cocido en Lalín”, este é o lema dun mes no que se sortean paquetes turísticos entre aqueles que degusten o cocido nos locais de hostalería de Lalín con estanzas no Pazo do Bendoiro e outros hoteis, así como menús degustación.

Os menús teñen un prezo medio de 25 euros, e os restauradores teñen o compromiso de cumprir cuestións como que haxa carnes de primeira calidade, viños de denominación de orixe Monterrei ou sobremesas tradicionais galegas.

O Mes do Cocido naceu hai 16 anos ao amparo da festa grande da Feira do Cocido de Lalín, no que se busca poñer en valor este produto gastronómico de importancia capital na promoción da comarcaa, co fin de que festa non sexa só dun día.

Así as cousas, José Antonio Rodríguez espera que nesta edición se superen “os 50.000 ou 60.000 asistentes” a unha festa, que “cada vez está máis dispersa ao longo do ano e  que non se concentra tanto no día da Feira”.

PRESENZA EN MADRID

Pola súa banda, o 28 de xaneiro presentarase na casa de Galicia, en Madrid, unhas xornadas de promoción da Feira do Cocido na capital de España, nunha cita á que acudirán, segundo se prevé, pregoeiros de pasadas edicións como Susana Griso ou Fernando Ónega.

Ademais, a final do mes de xaneiro o cocido de Lalín chega a Madrid Fusión — celébrase entre o 27 e o 29 de xaneiro –, da man da Deputación de Pontevedra, no proxecto europeo DepoDeza, a través da cociña de vangarda, con cociñeiros galegos como Álex Iglesias (restaurante Cabanas), Diego López (A Muiñeira) e Conchi Peiteado (Agarimo).

Aos 25 restaurantes de Lalín que participan nestes menús –que á poñen de acordo para que haxa oferta de cocido todos os días sen necesidade de reservar– súmanse outros dous en Madrid, o Sanxenxo e o Combarro, de galegos afincados na capital de España.

A festa é de Interese Turístico de Galicia dende 1999, e de Interese Turístico Nacional dende 2011.

 

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar