Compostela viviu a sua primeira San Silvestre

A cabeceira da marcha, na Ferradura.
A cabeceira da marcha, na Ferradura.

Celebrouse a primeira edición da San Silvestre de Santiago, unha proba que culminou dunha forma festiva o ano atlético na cidade. A carreira saíu da avenida Antonio R. Ibáñez (Campus Vida) e finalizou na Porta dos Leóns da Alameda. Preto de 1.000 corredores participaron na carreira.
Santiago de Compostela incorporouse así á tradición destas carreiras para rematar ao ano, como acontece con probas como a San Silvestre Vallecana (Madrid). Ademais, a elección do entorno quixo ser unha homenaxe a todos aqueles atletas que ao longo do ano adestran na Alameda e no Campus Vida.
A proba tivo dúas categorías: unha escolar, para os nados entre 1999 e 2002, e outra de adultos, para os nados antes de 1999. Todos partiron dende o Campus Vida nunha única saída para percorrer un circuíto dun pouco menos de cinco quilómetros. Houbo trofeos para os tres primeiros clasificados de cada categoría.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar