El franciscano Rodríguez Carballo, Premio “Ourensanía”, visita a Deputación de Ourense

Manuel Baltar e José Rodriguez Castro
Manuel Baltar e José Rodriguez Castro

O arcebispo de Belcastro, exministro xeral dos Franciscanose, na actualidade secretario da Congregación para os Institutos da Vida Consagrada do Vaticano e premio Ourensanía 2013, monseñor José Rodríguez Carballo, visitou a Deputación de Ourense, onde foi recibido polo seu titular, Manuel Baltar, xuntanza na que Rodríguez Carballo transmitiulle ao presidente provincial para todos os ourensáns os seus mellores desexos de paz e prosperidade para o ano 2014. Manuel Baltar e José Rodríguez Carballo analizaron na reunión temas de actualidade provincial, sinaladamente dos servizos sociais e de atención ás persoas máis necesitadas, e tamén cuestión do ámbito cultural.

Ao remate da xuntanza, arcebispo de Belcastro asinou no Libro de Honra da Deputación de Ourense no que escribiu: “Síntome fondamente orgulloso de ser ourensán e galego. Paz e ben para todos, e graciñas por todo o que a Deputación fixo por este ourensán que se sente universal”.

Rodríguez Carballo recibiu o pasado 11 de novembro o premio Ourensanía 2013, un recoñecemento honorífico que concede a institución provincial a aqueles ourensáns que teñen destacado nas súas facetas profesionais, sociais ou intelectuais. En concreto, Rodríguez Carballo foi distinguido por elevar os valores da Ourensanía a unha relevante dimensión internacional, pola súa inxente obra teolóxica e pola súa defensa da identidade do noso, especialmente no ámbito da cultura e a lingua propia de Galicia.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar