“Ribeiro de copas” chega á Coruña

Viños Ribeiro

O Consello Reguador da Denominación de Orixe Ribeiro e os seus viños chegan á cidade da Coruña para celebrar unha nova edición da campaña Ribeiro de Copas, que foi presentada en De Market Vinoteca polo presidente do Consello Regulador, Miguel Ángel Viso.

Dende hoxe e ata o 5 de xaneiro, un total de 12 destacados establecementos da cidade ofrecerán unha ampla gama de viños de 15 adegas da Denominación de Orixe Ribeiro para degustar en copa ou botella, e todos os clientes que gocen con eles participarán en promocións especiais.

Outros atractivos para os clientes serán os agasallos directos ou os sorteos de estancias de turismo na Ruta do Viño do Ribeiro, cunha completa fin de semana chea de actividades en torno aos viños e a oferta lúdica ribeirá

A listaxe de establecementos coruñeses que serán escenario do Ribeiro de Copas 2013 fórmana O’ Delito, Celeiro, Alma Negra, Tapa Negra, De María, Vinoteca Jaleo, Culuca, De Market Vinoteca, O Cabo, O Lagar de José, Taberna O’Secreto e O Secreto and Hemingway. Neles, os consumidores poderán descubrir unha ampla gama de viños e elaboracións da Denominación.

As adegas participantes son Nairoa, Viña da Cal, Casal de Armán, Pazo Casanova, Coto de Gomariz, Cuñas Davia, Bodegas Alanís, Bodegas O’ Ventosela, Terra do Castelo, Francisco Fernández, Bodegas Val de Souto, Genus de Vinum, Vilerma, Colección Costeira e Viña Mein.

Nas xornadas de xoves a sábado, un grupo de sumilleres convidados achegaranse aos distintos locais para introducir aos consumidores nos diferentes viños. Unha das súas funcións será espertar a curiosidade e descubrir novas marcas e novos matices nos viños da Denominación de Orixe.

As sumilleres convidadas serán Mercedes González, María Ferreiro, Ana López e Laura Gaioso, que serán as encargadas de ofrecer e explicar as características dos ribeiros nos distintos locais participantes.

VIÑOS NOS LOCAIS PARTICIPANTES

Jaleo Vinoteca (Galera, 43): Coto de Gomariz, Gran Alanís, Terra do Castelo Treixadura, Val de Souto, Vilerma (xoves 26 de decembro de 20.00 a 23.00 horas) e Casal de Armán, Casanova, Cuñas Davia, Gran Leiriña e Terra Minei (xoves 2 de xaneiro de 20.00 a 23.00 horas).

Celeiro (Franja, 41-43): Casal de Armán, Casanova, Cuñas Davia, Gran Leiriña, Terra Minei (xoves 26 de decembro de 20.00 a 23.00 horas) e Alberte, Alter, Versatus, Colección Costeira e Viña Mein (xoves 2 de xaneiro de 20.00 a 23.00 horas).

O Cabo (Picavia, 2): Alberte, Alter, Versatus, Colección Costeira, Viña Mein (xoves 26 de decembro de 20.00 a 23.00 horas) e Casal de Armán, Casanova, Cuñas Davia, Gran Leiriña e Terra Minei (venres 3 de xaneiro de 20.00 a 23.00 horas).

Alma Negra (Barrera, 11): Coto de Gomariz, Gran Alanís, Terra do Castelo Treixadura, Val de Souto, Vilerma (xoves 26 de decembro de 20.00 a 23.00 horas) e Alberte, Alter, Versatus, Colección Costeira e Viña Mein (sábado 4 de xaneiro de 20.00 a 23.00 horas).

Tapa Negra (Barrera, 32): Casal de Armán, Casanova, Cuñas Davia, Gran Leiriña e Terra Minei (venres 27 de decembro de 20.00 a 23.00 horas) e Coto de Gomariz, Gran Alanís, Terra do Castelo Treixadura, Val de Souto, Vilerma, (xoves 2 de xaneiro de 20.00 a 23.00 horas).

O’ Delito (Tabares, 1): Alberte, Alter, Versatus, Colección Costeira e Viña Mein (venres 27 de decembro de 20.00 a 23.00 horas) e Casal de Armán, Casanova, Cuñas Davia, Gran Leiriña e Terra Minei (sábado 4 de xaneiro de 20.00 a 23.00 horas).

Taberna O’ Secreto (Alameda, 18): Coto de Gomariz, Gran Alanís, Terra do Castelo Treixadura, Val de Souto, Vilerma (venres 27 de decembro de 20.00 a 23.00 horas) e Casal de Armán, Casanova, Cuñas Davia, Gran Leiriña e Terra Minei (sábado 4 de xaneiro de 20.00 a 23.00 horas).

O Lagar de José (Posse, 25): Alberte, Alter, Versatus, Colección Costeira e Viña Mein (venres 27 de decembro de 20.00 a 23.00 horas) e Coto de Gomariz, Gran Alanís, Terra do Castelo Treixadura, Val de Souto ou Vilerma (sábado 4 de xaneiro de 20.00 a 23.00 horas).

De María (Olmos, 2): Casal de Armán, Casanova, Cuñas Davia, Gran Leiriña e Terra Minei (sábado 28 de decembro de 20.00 a 23.00 horas) e Alberte, Alter, Versatus, Viña Costeira, Viña Mein (venres 3 de xaneiro de 20.00 a 23.00 horas).

De Market Vinoteca (Payo Gómez, 12): Casal de Armán, Casanova, Cuñas Davia, Gran Leiriña, Terra Minei (sábado 28 de decembro de 20.00 a 23.00 horas) e Coto de Gomariz, Gran Alanís, Terra do Castelo Treixadura, Val de Souto ou Vilerma (venres 3 de xaneiro de 20.00 a 23.00 horas).

O’ Secreto & Hemingway (María Pita, 3): Alberte, Alter, Versatus, Colección Costeira, Viña Mein (sábado 28 de decembro de 20.00 a 23.00 horas) e Coto de Gomariz, Gran Alanís, Terra do Castelo Treixadura, Val de Souto e Vilerma (xoves 2 de xaneiro de 20.00 a 23.00 horas).

Culuca (Avda. Arteixo 10): Coto de Gomariz, Gran Alanís, Terra do Castelo Treixadura, Val de Souto e Vilerma (sábado 28 de decembro de 20.00 a 23.00 horas) e Alberte, Alter, Versatus, Colección Costeira e Viña Mein (venres 3 de xaneiro de 20.00 a 23.00 horas).

Tríptico Ribeiro de Copas

 

Tríptico Ribeiro de Copas_2

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar