Generalizado sentimiento de dolor por el incendio del Santuario da Virxe da Barca

Virxe da Barca_xeral_incendio_primeiras horas
Foto José Manuel García

Muxía vive un acentuado sentimiento de pena a causa del incendio en el emblemático santuario de A Virxe da Barca, con dolorosas reacciones de los vecinos que, que en la mayor parte de los casos hablan de “destrucción” y que el alcalde, Félix Porto, considera una situación “irrecuperable”.

Todos escucharon la fuerte decarga de un rayo y desde ese momento se interesaron por el punto de impacto. A los pocos minutos, el santuario era pasto de las llamas, que con gran voracidad devoraron la cubierta y el interior del templo, pese a los esfuerzos de los bomberos de Muxía, Vimianzo, Carballo y Cee y los grupos de intervención municipal, que acudieron de inmediato.

El fuego se originó a las 6.45 tras la caida del rayo que algunos consideran dirigido a un transformador eléctrico situado en las inmediaciones.

Virxe da Barca_3
Foto José Manuel García

El 112 recibió el aviso a las 8.30 horas de esta jornada de Navidad. Los alertantes señalaron que había fuego en el santuario, un emblemático lugar de culto y peregrinación en la Costa da Morte.

Los bomberos trabajaron hasta las 13.00 horas en las labores de extinción de las llamas, avivadas por el fuerte viento que soplaba en Muxía, y en la recuperación de algunas figuras y objetos religiosos del interior del templo, que resultaron dañados por el humo pero no por el fuego.Captura_6
Foto Jose Manuel García

Los bomberos de Cee han explicado que el santuario ha ardido “casi por completo” y ahora el principal riesgo es el de derrumbe de parte de la estructura. Han quedado en pie las paredes de piedra y la cúpula, pero su estructura está muy dañada y corre riesgo de desplomarse.

El viento que soplaba en la zona, han señalado las mismas fuentes, provocó que el incendio se propagase con rapidez y dejase el templo calcinado casi por completo.Al lugar se han desplazado técnicos de Patrimonio para evaluar los daños y la Policía Judicial, con el fin de investigar el origen del fuego.

 

 

 

 

Un dos santuarios máis singulares de Galicia

Santuario Virxe da Barca_MuxiaO Santuario da Virxe da Barca é un templo católico situado no concello de Muxía. A súa situación na punta da península onde se asenta Muxía, fronte do mar, os ritos relixiosos asociados ao mesmo e a súa arquitectura e imaxinería fan del un dos máis singulares de Galicia. Nel celébrase a romaría da Nosa Señora da Barca, declarada Festa de interese turístico nacional de España. O día de nadal de 2013 foi destruído por un incendio causado por un raio.

Relata a lenda que o apóstolo Santiago o Maior, na súa viaxe de evanxelización do fin da terra, achábase en oración na costa onde se asenta o santuario. Viu chegar polo mar unha barca toda de pedra, aparellada cunha vela tamén de pedra. Na barca viaxaba Nosa Señora que viña confortalo e darlle forzas, posto que o traballo de estender a fe no seu fillo en terras tan afastadas era unha tarefa que superaba as forzas do discípulo.

Despois dun tempo de conversación, a Nai de Deus volveu a Terra Santa, pero deixou naquelas costas a barca (pedra de abalar) e maila vela (pedra dos cadrís) milagreiras.

Nesta lenda atópanse moitos elementos coincidentes con outras similares, como a da Virxe do Pilar: O apóstolo aflixido pola distancia da terra e o esforzo da predicación entre pagáns, a Virxe que, unha vez se decata da súa circunstancia, ven confortalo e darlle ánimos e que deixa un testemuño de pedra da súa visita. Tamén coa propia lenda da chegada dos restos martiriais do Apóstolo: unha barca de pedra que subiu polo río Ulla, e que foi amarrada ao pedrón, tamén unha pedra relacionada con cultos precristiáns, neste caso unha ara romana adicada ao deus Neptuno e que hoxe se conserva como unha valiosa reliquia na igrexa parroquial de Padrón.

A MEMORIA DUN CULTO PRECRISTIÁN

As lendas son sempre outro xeito de contar unha historia, de transmitir valores e tradicións. Neste caso a lenda, detrás da súa linguaxe cristiá, agocha a memoria dun culto precristiáns que foi posteriormente cristianizado. A presenza das pedras e a supervivencia ata a nosa época dos ritos relacionados con elas resulta especialmente significativa.

Imágen de la tradicional romeria.

 

 

A Pedra de Abalar: é unha laxe de forma triangular de gran tamaño. Existen en Galicia moitas pedras de abalar que poden servir como medios de curación ou ritos de iniciación. En casos como o de Muxía, o esforzo de abalar a pedra, que requiría coñecer os puntos onde facer a forza necesaria, o converte nun rito que reforza os lazos comunitarios, ou o sentimento de tribo, e o propio abalamento podería significar a resposta positiva da divindade aos ritos dos seus fieis. Como o feito de que a pedra non abalase pode ser sinal de desencontros entre o deus e o seu clan e ameaza de desgracias futuras.

VICENTE RISCO

A Pedra abala cando quere, hai veces que se colocan moitas persoas enriba e non abala, e outras abala soa. Tamén din que cando abala soa, predí algunha desgraza. Coa cristianización deste lugar apareceron moitas lendas de tipo relixioso relacionadas con esta Pedra. Vicente Risco cóntanos que durante a Guerra Civil entre Castela e Portugal, que durou sete anos, a Pedra non abalou. Tamén se conta que nunha ocasión que quixeron roubar no Santuario da Barca, a Pedra comezou a abalar tan forte que co seu ronco soar espertou a todos os veciños, espantando aos ladróns.Virxe da Barca_romaria_romería

Un temporal no ano 1978 desprazouna do sitio e perdeu moito movemento. Posteriormente, resultou danada e perdeu unha das puntas hai uns anos.

A Pedra dos CadríS recibe o seu nome pola súa forma está relacionada coa fertilidade, e coas enfermidades dos cadrís. O fiel que queira ser bendicido pola virxe debe pasar por embaixo da pedra, unha manobra algo dificultosa e que ten un claro simbolismo de renacemento ou revivificación, como o neno que nace abríndose paso polos cadrís da nai. Como afirma o crego e sociólogo José luís Cebrián: “Para fijar la sensación de la pervivencia personal utiliza la piedra como monumento funerario, de forma que los antepasados permanezcan. Por eso también se utiliza la piedra como fertilizadora ya que en ella anida el espíritu del antepasado, que no podrá interrumpirse, sino que fertilizará a la mujer para que la actuación del clan o de la raza permanezca y se perpetúe”.

RESTOS CASTREXOS

A presenza de restos castrexos tanto en Muxía como na veciña Camariñas permiten asegurar que a zona e as súas pedras son un lugar de culto moi anterior ao cristianismo, como sucede en moitos santuarios e ermidas, sobre todo as máis populares.
A orixe do culto cristián

As primeiras testemuñas escritas que certifican a existencia dunha igrexa cristiá son ben recentes, arredor do século XV. No documento se manda restaurar a ermida, que polos restos que aínda se conservan, debía ser románica dos séculos XII ou XIII.

Indo ata a orixe, seguramente a cristianización do lugar e o culto primeiro á Virxe débeselle aos monxes do Mosteiro de San Xulián de Moraime, do que consta a súa fundación polos monxes bieitos no século XI. Muxía estivo sometida ao señorío de Moraime ata os tempos de Carlos I. Pódese pensar que foron estes monxes os que promoveron a cristianización do lugar de culto celta, construíron a primeira igrexa e espallaron a lenda[5]. Aínda nos poderiamos remontar máis atrás no tempo. Nas escavacións feitas no Mosteiro de Moraime téñense atopado restos dun poboado romano, así como diversos materiais antigos e grande cantidade de enterramentos. Polo que o mosteiro podería pertencer á primeira vaga do monacato, anterior á chegada dos monxes bieitos, arredor do século VI. Neste caso, a chegada do cristianismo ás terras da Costa da Morte coincidiría co tempo da cristianización do vello lugar de culto.

1717

O templo actual comezouse no ano 1717, é unha construción barroca de sinxelo feitío, co que o poderíamos encadrar no barroco popular ou mariñeiro. Ten planta de cruz latina e consta dunha soa nave. Está construída sobre amplo e rústico plinto que permitían igualar as irregularidades do terreo e que fai, a un tempo, de adro da igrexa. A arquitectura carece de adornos, tanto interiores como exteriores. Só rompen a monotonía da fachada as dúas torres, feitas no século XX.

O retablo principal é tamén barroco e, contra do que sucede coa igrexa, profusamente adornado. É obra do escultor compostelán Miguel de Romay. Tal vez o detalle que o fai máis orixinal son unha serie de pequenos medallóns que percorren todo o retablo nos que están representadas de forma simbólica as cincuenta ladaíñas do Rosario.

Santuario Virxe da Barca_Muxia_interior

No seu centro está o camarín coa imaxe da virxe. Esta é unha imaxe gótica, que xa se atopaba no templo románico. Trasladada a este, engadíuselle, no mesmo estilo do retablo, as imaxes da barca e do apóstolo que fan referencia á tradición.

Chama moito a atención a cantidade de exvotos de orixe mariñeira que se atopan por todo o templo. Incluso se pode dicir que o templo en sí é un exvoto, toda vez que foi feito en agradecemento por unha curación.

Son sobre todo, maquetas de barcos, algunhas bastante fieis ao orixinal, que son ofrecidos por aqueles que, véndose en perigo, pediron e atoparon axuda na Virxe: Nosa Señora da Barca,/ Nosa Señora, valeime,/ que estou no medio do mar/ non hai barqueiro que reme. Tamén poden ter un sentido de reparación ou de penitencia, como ilustra este relato:
O capitán de un buque francés, que saíra de Camariñas cara a Terranova levaba consigo un anaquiño da Pedra de Abalar, nun claro exemplo de furto de algo sagrado para consegui-la protección. Ó pouco de saír ó mar, sorprendeunos un forte temporal, polo que invocou a Nosa Señora da Barca e logo botou o cacho de pedra ó mar, calmando a tempestade ó momento. Despois, o capitán regaloulle á Virxe un barco de prata en recoñecemento.

 

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar