Entra en servizo a depuradora de augas residuais do rio Umia

O vicepresidente, Alfonso Rueda; e o conselleiro de Medio Ambiente, Agustin Hernández, no acto.
O vicepresidente, Alfonso Rueda; e o conselleiro de Medio Ambiente, Agustin Hernández, no acto.

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e mailo conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández, presidiron hoxe a posta en marcha da Estación Depuradora de Augas Residuais do río Umia, na que se investiron preto de 8 millóns de euros. No acto púxose de manifesto que esta nova EDAR é un exemplo do compromiso do Goberno galego co saneamento das rías e dos ríos da Comunidade. De feito, no que atinxe ao conxunto de Galicia, cómpre lembrar que a Xunta mobilizou desde o ano 2009 máis de 430 millóns de euros en infraestruturas de depuración de augas, dos cales 270 millóns de euros procederon de recursos propios.

A nova EDAR do Umia representa un factor de progreso para os 15.000 veciños da comarca do Salnés, que engloba os concellos de Ribadumia, Vilanova de Arousa, Vilagarcía e Cambados. E, ao mesmo tempo, conleva máis opcións de desenvolvemento para dous sectores económicos con importancia estratéxica na ría de Arousa, como son o marisqueo e o turismo. Ademais, esta infraestrutura, contribuirá a aliviar a sobrecarga que padece desde hai tempo a de Tragove, en Cambados.

Esta actuación –que contribuirá a aliviar a sobrecarga que padece desde hai tempo a de Tragove, en Cambados- enmárcase no proxecto de saneamento da ría de Arousa, no que a Xunta leva xa mobilizados xa 56 millóns de euros, dos cales 36 proceden da Administración autonómica. Ademais dos plans de saneamento local da ría de Arousa que se están a desenvolver concello por concello, hai que engadir a recentes licitacións do saco de Fefiñáns (Cambados) por 1 millón de euros e das obras de construción da EDAR de Ribeira, na que se investirán 25 millóns de euros.

Así mesmo, a Xunta dispón dun Plan específico para o río Umia no que se están a investir máis de 20 millóns de euros coa fin de desenvolver unha xestión integral da conca que garanta tanto a calidade das augas como o abastecemento seguro da poboación. A este respecto, están en marcha 33 das 42 actuacións previstas, entre as que se inclúen, por exemplo, a do abastecemento dos veciños de Caldas de Reis.

O SANEAMIENTO, OBXZECTIVO PRIORITARIO

A Xunta considera que o saneamento das augas é un obxectivo prioritario da súa acción de goberno pese as limitacións da crise. De feito, o traballo en materia de saneamento está a dar resultados e mesmo é recoñecido polas institucións europeas. Precisamente a semana pasada deuse a coñecer o informe do Parlamento Europeo no que se poñen de manifesto os importantes esforzos realizados a prol da mellora da calidade ecolóxica das rías galegas, sinalando o salto cualitativo rexistrado desde a década dos 80, ao pasar de 1 a 152 depuradoras para máis de 2.000 habitantes.

Con todo, o Goberno galego mantén que hai que seguir traballando coa máxima coordinación, eficacia e eficiencia nos investimentos programados e a establecer con claridade os criterios e as directrices para levalos a cabo.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar