Os pais terán acceso por “abalarMóbil” a actividade dos fillos no colexio

Plan Abalar_dous nenos ordenadores

Inicialmente, o Plan Abalar marcou a pauta de partida da dixitalización do ensino; agora da un paso máis e convértese en porta de acceso dos pais ao desenvolvemento das clases e o comportamento e rendemento dos fillos nas aulas.

Así o veñen de anunciar a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, coa posta en marcha da aplicación “abalarMóbil” que traslada aos tablets e smartphones os servizos que as familias xa teñen no espazoAbalar. A principal vantaxe da nova ferramenta é que simplifica o acceso a estas funcionalidades, xa que o único requirimento para acceder á información é descargar a aplicación. O acceso desde un ordenador precisa dispoñer dun certificado dixital ou do DNI electrónico, que verifique a identidade do usuario. Coa nova aplicación só é necesario dispor dun teléfono móbil con conexión de datos e descargar a aplicación para poder acceder aos servizos de abalarMóbil.

CALIFICACIÓNS, HORARIOS, AVISOS E FALTAS DE ASISTENCIA

As familias que descarguen a aplicación poderán consultar as cualificacións dos seus fillos, xustificar as faltas de asistencia, ter información da conduta, os horarios e as materias, así como os avisos ou notificacións por parte do profesorado ou do centro educativo.Plan Abala_calificacións

A aplicación está dispoñible para os sistemas operativos IOS, a través da Apple Store e Android, desde a Play Store. “AbalarMóbil” é a segunda aplicación que a Administración autonómica pon a disposición dos usuarios no espazo ‘Xunta’, onde se publicarán o resto de aplicacións do sector público galego nos dispositivos móbiles.

PRIMEIRO PASO

Esta nova etapa tecnolóxica no ensino terá una ampliación progresiva, que se inicia xa en once centros educativos ds catro provincias, o que se traduce en 4.500 familias, no que será o primeiro paso para acadar a implantación do servizo nas 400 mil familias galegas que teñen fillos nos estudios de primaria e secundaria.

Eses centros que iniciarán a experiencia son o CEIP Fogar e IES Alfredo Brañas de Carballo, CEIP Ana Mª Diéguez e IES Feliz Muriel de Rianxo, IES Santiago Basanta Silva de Vilalba, CEP Santa Rita de Viveiro, IES Río Cabe de Monforte, CPI Tomás de Lemos de Ribadavia, IES Blanco Amor de Ourense, CPI Panxón de Nigrán, e IES Sánchez Cantón de Pontevedra.

 

Plan Abalar_clase primaria con ordendores

A iniciativa busca tamén a participación de toda a comunidade educativa, facilitando, ademáis das familias, ao profesorado, os recursos educativos dixitais no espazoAbalar. A través desta web, que suma máis de 2 millóns de visitas desde 2010, pais, nais, alumnos e profesores teñen un punto de encontro e consulta na rede.

200 CENTROS CoN 100 MEGAS

No desenvolvemento de iniciativas como Abalar é fundamental dispoñer dunhas infraestruturas de telecomunicación axeitadas, para que todos os centros teñan acceso a unha conexión á rede de calidade. Nos últimos tres anos, grazas ao Plan de Banda Larga, a Xunta cuadriplicou a velocidade media de conexión a internet dos centros educativos galegos. No 2009 o ancho de banda medio situábase nos 5Mbps fronte aos máis de 21 Mbps a día de hoxe

Ademais, o Plan permitiu que 219 colexios e institutos conten con redes de 100 Megas por segunPlan Abalar _PantallaAlumnodo de velocidade, dos que 21 disporán de inmediato de velocidades de 200 Mbps, entre eles o IES Eduardo Blanco Amor de Ourense, no que xa se presentou a aplicación abalarMóbil.

DESPREGAMENTO PLAN ABALAR

A Xunta continúa este ano co despregamento do Abalar, dotando de equipamento de aula, as aulas de 6º de primaria e 2º de ESO dos centros que se incorporaron ao proxecto no curso 2012/2013. Isto suporá un total de 300 novas aulas e un total de 6.000 alumnos máis beneficiados.

 

 

Deste xeito está previsto que neste curso 2013/2014 o Abalar chegue a 2.300 aulas de 531 centros educativos, e que se beneficien deste programa 49.000 estudantes maís.

Outro dos compromisos da Consellería de Cultura e Educación é continuar avanzando na cultura dixital, de forma coordenada co Ministerio de Cultura, Educación e Deporte. Neste sentido hai que salientar que a Consellería vén de ser aceptada como socia no programa europeo iTEC , o maior proxecto comunitario en materia do uso da rede nas escolas, no que traballan conxuntamente ministerios, provedores de tecnoloxía e organizacións de investigación e estudo., O seu obxectivo é afondar na investigacións sobre as posibilidades que as novas tecnoloxías teñen para o proceso ensProxecto Abalar_ordenador reducidoino-aprendizaxe.

O iTEC ten neste momento 27 socios, polo que a nosa incorporación a este proxecto é unha clara mostra do bo facer que se vén desenvolvendo nos últimos anos en materia de incorporación das TIC ao ensino.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar