Complétase a fusión das catro Xestur nunha única sociedade pública

Instituto da Vivenda e Solo_xuntanza fusión xestures_conselleiro Hernández

No día de hoxe completouse o proceso de fusión das catro empresas públicas Xestur nunha única sociedade baixo a denominación de Xestión de Solo de Galicia Xestur, S.A., proceso que se iniciou a comezos de 2012, cando o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, informou do mesmo ao Consello da Xunta, que aprobaría a fusión en decembro de 2012.

Nesta mañá asinouse a escritura de constitución da nova sociedade, celebrouse a xunta xeral de accionistas e a primeira reunión do seu consello de administración. A nova sociedade comezará a súa actividade o 1 de xaneiro de 2014.

 

No capital de Xestur Galicia estarán representados todos os organismos que estaban presentes nas xestures provinciais, cunha ampla maioría da Xunta a través do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) e da consellería de Facenda.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar