Máis demisions en Anova acentúan a crise do partido de Beiras

 

Reciente asamblea de Anova.
Reciente asamblea de Anova.

Catro membros da Comisión Permanente de Anova-IN, Mar Blanco (responsable de Lingua), Xiana López (responsable de Igualdade), Antón Dobao (responsable de Cultura) e Xurxo Martínez (responsable de formación), presentaron a súa dimisión tras coñecerse a marcha de Martiño Noriega como coordinador da formación.

Os catro militantes tomaron esta decisión ao considerar que a realidade organizativa e política de Anova “se afasta de forma progresiva do proxecto orixinario” para “formalizarse como partido de corte clásico”, “dominado por unha elite que se apropia de toda capacidade de decisión” e “obstrúe e limita a participación dos militantes e das asembleas da organización”.

Segundo indicaron nun comunicado remitido aos medios de comunicación asinado polos catro militantes, “unha organización é tamén, no seu modo de actuar, un reflexo da sociedade que desexa e Anova quere proxectar unha sociedade xusta, libre, democrática e plural”.

Por iso, consideraron que non poden “permanecer impasibles ante os graves acontecementos que están a inxectar unha dose autoritaria e letal” nunha organización” que, “conforme aos seus principios éticos, está obrigada a resolver as súas inevitables e necesarias contradicións mediante o diálogo e a práctica do consenso, nunca mediante a imposición de exiguas maiorías nin prácticas punitivas que acalen burocraticamente o debate político e prescriban o consenso”.

E é que, segundo indicaron, “os expedientes disciplinarios abertos perseguen limitar a capacidade de iniciativa dos militantes, impedir o diálogo político e liquidar a política de Anova”.

Con todo, os catro militantes reiteraron o seu compromiso co “proxecto fundacional” de Anova. “Continuamos comprometidos con Anova e cos miles de cidadáns que deron a súa confianza a AGE”, sinalaron antes de avanzar que continuarán “traballando pola organización” dende as súas asembleas de base e dende a responsabilidade que asumiron ante a Asemblea Nacional como membros da Coordinadora Nacional.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar