Rede CeMIT: Cen aulas públicas traballan para reducir a fenda dixital

Aula Cemit Xunta_7

As preto de cen aulas pertencentes á Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica (CeMIT) impartiron máis de 37.000 horas de formación dixital gratuíta ata o mes de novembro.
O obxectivo de acadar no ano que remata os 25 mil usuarios adiantouse a xuño, canto se chegou a cifra dos 27 mil. O nivel de satisfacción do conxunto dos usuarios situose nunha calificación do 8,8 sobre 10.

USOS DA REDE

O plan de xestión das aulas plantéxase, en primeiro lugar no ámbito da alfabetización dixital, para dar entrada neste mundo tecnolóxico a persoas maiores e calquera colectivo que non tivera ocasión de introducirse con anterioridade no mundo das novas tecnoloxías.

Mapa_CeMITOs principais contidos de esta fase de iniciación á informática son a Formación Dixital Básica, centrada en tres obxectivos: o coñecemento esencial do uso do ordenador, a busca de informació en Internet e a utilización do correo electrónico. Complétase con charlas presenciais, actividades impartidas por entiades colaboradoras da Rede CeMIT e cursos en rede a través do espazo multimedia de aprendizase “Ema”.

Este proceso de formación conta tamén co chamado “Servizo de Aula Aberta”, que serve para resolver dúbidas continuamente mediante personal especializado.

Ademais, outros organismos públicos como o IGAPE o Centro de Novas Tencolo´xias de Galicia ou o Centro Demostrador TICse aproveita estas aulas para impartir as súas actividades formativas, seminarios, xornadas a través dos sistemas de videoconferencia da rede Cemit.

PROFESIONAIS E DESEMPREGADOS

Outro nivel de uso ben dado pola formación destinada a profesionais TIC, empregados públicos e persoas en situación de desemprego, que se realiza en colaboración con outros organismos da Administración autonómica. Así, a formación para profesionais TIC, realizada en colaboración co Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG), suma preto de 1.700; a destinada aos empregados públicos a través da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), acadou arredor de 1.500 horas no primeiro semestre do ano; e as preto de 1.000 horas de formación para empresarios e emprendedores e persoas en situación de desemprego.

Aula Cemit Xunta_5
Coherentemente coa natureza da rede, os contidos do plan de formación poden xestionare directamente a través da web do Cemit (http:cemit.xunta.es) na que os futuros usuarios poden xestionar a sua actvidade formativa como solicitude de cursos, matriculación e recomendacións de todo tipo.

PLAN DE FORMACIÓN

A rede contou este ano cun Plan de Formación que establecía 13 itinerarios formativos con 60 cursos para as distintas áreas en función dos colectivos e as súas necesitades.

Os programas formativos abrangueron desde a alfabetización dixital básica, á formación destinada a empresarios e emprendedores, equipamento TIC, redes sociais, imaxe e audio, ofimática en software libre, operacións a través de Internet, creación multimedia e web 2.0, administración electrónica, capacitación especialización e software libre, ocio en Internet e multimedia e ferramentas TIC.

Inicialmente, o usuario realiza unha proba de nivel para que o tutor poida facer una avaliación e recomendarlle realizar o itinerario máis axentado para as suas necesidades persoais. Do mesmo xeito, os cursos rematan cunha proba final para coñecer o nivel de aproveitamente e aprendizaxe de cada participante.

Aula Cemit Xunta_Concello Tui

PERFÍL DOS USUARIOS

O número de usuarios está directamente relacionado coa poboación de cada provincia galega. Así, a Coruña contabiliza 12.600; Pontevedra, 8.700; Ourense, 5.600 e Lugo, 4.200

O perfil maioritario é o dunha muller de entre 41 e 65 anos con coñecementos informáticos de nivel usuario. As mulleres representan o 57% dos usuarios desta dinamica de formación, mentres que os homes representan o restante 43.

Por idades, como xa se indicou, o principal é de 41 a 65 anos, seguíndolle as personas comprendas entre 26 e 40 anos, con 31,3 e entre 15 e 25 anos, co 10,7. Os de menor e maior idade representan as menores porcentaxes: un 11,4 % é o dos menores de 15 anos e un 7,3, os maiores de 65.

A Rede Cemit, está integrada por 98 aulas públicas de acceso gratuíto, presentes en 92 concellos e 53 comarcas e o seu obxectivo é promover o uso das novas tecnoloxías entre a poboación, con especial atención aos colectivos máis afectados pola fenda dixital, asñi como fomentar a formación dixital entre os profesionais galegos e amosar á pemes e micropemes as vantaxes da sociedade da información.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar