O PP de Ourense reclama un pleno municipal para fixar o teito de gasto

Rosendo_grupo municipal PP Ourense

O Grupo Municipal do Partido Popular de Ourense anunciou en rolda de prensa a solicitude cursada polos populares para a convocatoria dun pleno extraordinario cun único punto: Que se constitúa un equipo de traballo composto por representantes dos diferentes grupos políticos e técnicos municipais para que, no menor prazo posible, o Concello de Ourense poida aprobar o teito de gasto e o Orzamento Municipal para o 2014.

Os populares recalcan que esta solicitude é excepcional, “debido á grave situación administrativa que ten bloqueada toda xestión municipal causando negativas consecuencias aos veciños de Ourense. Argumentan que, en vista de que últimos meses foron diversas as peticións e mocións rexistradas por tódolos grupos, e fundamentalmente polo grupo maioritario da Corporación, instando ao Goberno Municipal a que presente os Orzamentos en tempo e forma”. Engaden que así o foi durante 2012 -exercicio no que os orzamentos foron aprobados en setembro- e durante o presente ano.

Os populares consideran que é “máis necesario que nunca poñer os mecanismos necesarios para elaborar uns orzamentos que den estabilidade á administración local”e engaden que “a manifesta irresponsabilidade e incapacidade xestora do equipo de goberno está a reportar múltiples perxuizos á institución municipal e ao conxunto da cidadanía, impedindo a posta en marcha de cuestións tan importantes como o Plan de Emprego, a concesión de axudas ou subvencións e a consolidacións de inversións productivas”.

O grupo municipal do PP solicita así o terceiro pleno municipal do ano, de acordo coa norma que establece o requisito de estar apoiado por máis da cuarta parte dos integrantes da corporación municipal.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar