O Plan “BenOurense” desenvolve proxectos de interese xeral nos concellos da provincia

XORNADA.INFORMATIVA.BENOURENSE.03

O Centro Cultural “Marcos Valcárcel” da Deputación de Ourense acolleu hoxe unha xornada informativa para profesionais do ámbito social, enmarcada no Plan BenOurense que leva a cabo a institución provincial. Nela participaron as persoas que desenvolverán actividades e proxectos de interese xeral e social en concellos e mancomunidades da provincia de Ourense, en base ao convenio asinado entre a Deputación de Ourense e a Xunta para a contratación de 32 persoas en situación de desemprego.

Segundo explicou o presidente provincial, Manuel Baltar, na apertura da xornada esta iniciativa “representa o compromiso da Deputación de Ourense coa servizos sociais, o que se viu reforzado co convenio asinado coa Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia por unha contía de 400.000 euros, o que permitiu sufragar o custe laboral de 32 persoas desempregadas para que realicen actividades de cooperación cos servizos sociais municipais”.

Na xornada técnica, os participantes coñeceron en detalle todos os programas que se desenvolverán nos concellos do Barco de Valdeorras, Verín, O Carballiño, Allariz, Pereiro de Aguiar, Ribadavia, Xinzo, Barbadás, Toén e San Cibrao das Viñas, e nas mancomunidades de Terras de Celanova, Carballiño, Monterrei, e Santa Águeda. Estes concellos e mancomunidades decidiron que tipo de perfil profesional requirían, trasladándolle á Deputación a proposta de que titulacións académicas deberían ter os seleccionados para os diferentes postos de traballo.

Manuel Baltar destacou que esta etapa profesional que inician estes profesionais “servirá para mellorar a atención que dende as diferentes administracións locais da provincia lle damos os usuarios dos nosos servizos sociais”, e engadiu que o Plan BenOurense, iniciado no ano 2012, ampliado no 2013 e que nos próximos días aprobarase para o ano 2014 “permite que as entidades locais planifiquen o próximo exercicio o antes posible ca certeza de coñecer dende o comezo do ano con que cantidade van a contar por parte da institución provincial para cofinanciar os seus servizos sociais”.

Baltar referiuse tamén á teleasistencia, destacando o compromiso da Deputación de Ourense cos servizos socias municipais. “A institución provincial, a pesares de que desapareceu o financiamento aportado dende a administración central, tomou a decisión de financiar integramente o servizo, atendendo a tódolos concellos de menos de 20.000 habitantes cun novo programa de teleasistencia provincial”.

Esta é, en opinión do presidente provincial, “unha nova responsabilidade e un novo xeito de facer as cousas que permitirá que iniciemos o 2014 co primeiro servizo provincial xestionado integramente a través de administración electrónica, o primeiro tamén a nivel do estado que posibilitará cooperar a unha institución provincial con 91 entidades locais unicamente a través de expedientes electrónicos, reducindo prazos, cargas administrativas e tempos de espera para os cidadáns”.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar