Santiago: dúas promesas ofrecen hoxe un concerto de violín e piano

Concertistas novos_portada

O concerto de Violín e Piano celebrarase hoxe, xoves, no Paraninfo da Universidade e estará a cargo de Xaquín Carro Cribeiro ao violín e Severino Ortíz Rey, ao piano.

PROGRAMA

O programa estará integrado polas seguientes pezas: J.S.Bach, partita NºII para violín só en re menor, BWV 1004; J. Brahmsc, concerto para violín e orquestra en Re Maior, Op.77; L. van Beethoven, sonata Nº8 para violín e piano en Sol Maior, Op. 30 Nº3
e P. Sarasate, Aires Xitanos en do menor, Op 20, Nº1.

 

OS MÚSICOS

Xaquín Carro Cribeiro nace en Cedeira en 1991, múdase a Santiago de Compostela a idade de 3 anos e con 6 anos comeza a estudar violín na Escola de Música Berenguela con Elena López Felpeto.
Cursa o programa The Associated Board of the Royal Schools of Music finalizando en 2007 o 8º grado. Un ano despois comeza as clases con Nicolai Velikov, Violinista da Real Filarmonía de Galicia. Con él prepara as probas e accede ó Conservatorio Superior de Música de Vigo e á Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM). Nos veráns de 2007, 2008, 2009 e 2011 asiste ao Curso Internacional de Música de Llanes con Cibrán Sierra, membro do Cuarteto Quiroga.
En Vigo estuda con Marta Vélez e no 4º curso de Superior marcha de Erasmus ao Conservatorio de Música de Utrecht coa profesora Joyce Tan, este ano tamén recibe clases de Lisa Jacobs. Colabora con diferentes orquestras como a Orquesta Joven de la Sinfónica de Galicia (OSJG), a Orquestra da EAEM, a Orquestra Vigo 430, a Joven Orquesta Nacional de España (JONDE) e a Real Filharmonía de Galicia.
Nestas diversas participacións tivo como directores a Antoni Ros Marbá, Jordi Mora, Maximino Zumalave, Alejandro Garrido, José Luís Temes, Lutz Köhler y Jesús López Cobos. Tamén recibe masterclass con profesores como Mariana Todorova o Alexander Brussilovsky.

Severino Manuel Ortiz Rey realiza os seus estudos con So Young Moon e Vladimira Smausova recibindo a Primeira Mención de Honor de Piano no Conservatorio Superior de Música de Vigo.
Perfecciónase na Academia Superior de Música e Artes Escénicas de Praga durante os anos 1998-2000 con Frantisek Malý e no Conservatorio de Música de Centro-Finlandia (2000-2001) con Oleg Mantur. Interpretou como solista o concerto nº3 de Beethoven coa orquestra “Vigo 430” (maio 2009), o concierto nº1 de Liszt (decembro 2011) coa orquestra “Clásica” de Vigo e o concierto nº1 de Chopin coa Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra (marzo 2012). No verán de 2009 e con motivo do Bicentenario do Grito Libertario, realizou unha xira de concertos en Bolivia co tenor José Antonio Campo Edesa, co cal colabora regularmente dende o ano 2003.
En xaneiro de 2011, co gallo da celebración do ano Liszt, o dúo Campo-Ortiz foi invitado polas embaixadas de España e Hungría para realizar un concerto en Ljubljana (Eslovenia). Foi profesor de piano no Conservatorio Profesional de Música de Lugo (2001-2004). Actualmente e dende o ano 2004 é profesor de piano e pianista acompañante no Conservatorio Superior de Música de Vigo.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar